Dentro da programación da SEMANA DA CIENCIA 2020 tivemos un taller de HOLOGRAFÍAS, onde creamos hologramas en 3D...
Foi unha experiencia fascinante para comezar o mes de decembro, o mes da ilusión, do Nadal e o de deixar voar a imaxinación SEMPRE aprendendo!
Pechamos as fiestras, baixamos as persianas e tentamos crear un espazo a escuras, onde a luz que entre case sexa imperceptible!!! Despois de tentalo só puidemos conseguir o máis parecido a iso nun recuncho da aula, pero conseguímolo facer!!!
Antes tiñamos que facer unha pirámide truncada de elaboración caseira seguindo as instrucións para colocala nun punto estratéxico da pantalla do móbil ou do Ipad.
A partir desta experiencia aprendemos as características da LUZ e as súas propiedades de reflexión e refracción.
Ata chegamos a falar da formación das imaxes no noso globo ocular e por que vemos as cores!!! ...
UNHA CLASE MOI INTERESANTE