Comenzamos un novo cuso escolar , un novo curso repleto de dificultades e inquedanzas pero que xuntos iremos superando.
Sen embargo ,estas dificultades non nos quitarán as gañas de ensinar e aprender, de continuar a nosa labor educativa , de ver esas cariñas sorrintes dia a día coas suas ilusións e cos seus medos...
Este ano o tema vertebrador do cole será "MEDIO AMBIENTE E SAÚDE". Na nosa aula traballaremos entre outras cousas a importancia da auga, paisaxes onde se atopa, bos hábitos para o seu consumo e a súa importancia para a nosa saúde.
Formaremos tamén parte do plan proxecta na súa modalidade de "Sustentabilidade e paisaxe" onde traballaremos as diferentes especies de árbores que podemos atopar na nosa contorna, os seus froitos , os seus coidados e as súas necesidades para poder medrar.
Traballaremos tamén na modalidade de IGUALA-T, traballando valores relacionados coa igualdade a través de contos e diversas actividades.
Despois de superar o período de adaptación sen nada importante que destacar , comenzamos a traballar a nova estación : O outono.
Traballamos algún animaliño propio de ela partindo do conto caracol e caracola : observamos como se desprazan , as súas partes e mesmo aprendemos a súa canción para que saquen os cornos ao sol!
Aproveitando os raios de sol dun día de outono saímos a recoller follas de diferentes formas e cores , que nos servirian despois para manipular , clasificar, e mesmo realizar actividades tan imaxinativas coma esta...¿Que pode ser?