Hoxe 15 de maio conmemorase o DÍA DA FAMILIA
Este ano, dada a situación que nos tocou vivir a consecuencia da pandemia, a palabra FAMILIA cobra máis sentido que nunca, pois son elas as que se ven obrigadas a protexer aos membros da súa familia, de coidar os seus fillos e fillas que non poden acudir ao colexio e en moitos casos continuar coas súas responsabilidades laborais.
O concepto de familia foi mudando nas últimas décadas, polo que dar unha definición de familia non é unha tarefa sinxela, pois cada fogar presenta unha realidade distinta, pero todas elas son únicas e especiais.
As Nacións Unidas considera que a familia constitúe a unidade básica da sociedade.
Desde o Departamento de Orientación compartimos con vós un conto relacionado con esta temática:
POR UN PUÑADO DE BOTONES
Un conto que transmite dun xeito moi visual, sinxelo e directa os distintos tipos de familia que existen a sociedade actual.
DESFRUTÁDEO
Gustouvos??
Agora propóñovos un reto ou actividade:
FACER A VOSA FAMILIA DE BOTÓNS
Con botóns que teñades pola casa, e ao igual que no conto, creade a vosa familia.
Se non tes botóns, non te preocupes: PODES DEBUXALOS.
Deixade voar a vosa imaxinación e creatividade para ser o máis orixinal posibles. Estou segura do ben que vos quedará.
Se queredes compartir o resultado, non o dubides, manda unha foto ao correo do cole:
Estarei encantada de ver os vosos traballos.
FELIZ DÍA FAMILIAS