13 de abril: DÍA INTERNACIONAL DO BICO

O 13 de abril celébrase o Día Internacional do Bico, data que xurdiu grazas ao bico máis longo da historia, que durou 46 horas, 24 minutos e 9 segundos!

Non fai falta que sexa tan longo, aínda que sexa curtiño...

Hai algo máis bonito que un bico?

Para amosar afecto ou saúdo, na fazula, na testa ou na boca, os bicos son a linguaxe universal do amor e fortalecen os lazos entre as persoas. 

Pero este ano para celebralo temos que inventarnos distintas maneiras de BICARNOS sen contacto polo momento que nos está tocando vivir!

Por teléfono, cun xesto a mais de dous metros, un bico telemático, un bico virtual...pero nunca deixes de dalos, sempre que ti queiras por suposto!!!!

Para rematar un  último consello moi moi especial...

 Xa me contaredes que se vos ocorreu, xa que a vosa imaxinación e creatividade é infinita!!!

 

QUE SAIBADES QUE EU, A PROFE ROSA, ENVÍOVOS UNHA MOREA DE BICOS DE ALGODÓN ROSA!!!!! 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet