Bos días nenas e nenos de 2º nivel de EP e familias,
isto segue a ser unha maneira estrana de vernos, falar, non estar xuntos ...pero seguimos adiante e traballando como se reflexa nas notas!!!
Sodes un equipazo!!!!
A partires de hoxe estamos de vacacións, un periodo de descanso, de ler, de viaxar, de desfrutar da familia, de observar o que pasa ao noso arredor, de facer cousas que noutro momento non é tan doado...pero tamén vai ser diferente!!!!
Todo é porlle imaxinación e atreverse a soñar, deixarse levar para o máis axiña posible volver á normalidade!!!
Que palabra tan fermosa verdade?
Eu sigo a vosa disposición, ao outro lado dos diferentes medios telemáticos que nos tocou compartir, para comentar, escoitar, compartir ...
NORABOA A TODOS E A TODAS!!!!!
e como dí Elia:
TÁBOA DE TAREFAS VACACIONAIS, preme en cada tarefa:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
SEMENTAR SORRISOS.pdf | 498.45 KB |
telexornal.pdf | 405.22 KB |
EL ADJETIVO, EJERCICIOS Y TEORIA PARA SABER CURIOSIDADES.pdf | 719.95 KB |
juegos de mesa.pdf | 397.26 KB |
SOÑAR ESPERTA.pdf | 404.39 KB |