MEDRAMUSEO, unha proposta do programa de enrequecemento no 2º nivel de EP

 

       Dentro do RINCON DE ARTE, poñeremos en marcha diferentes técnicas artísticas como puntillismo, cubismo, collage, pinturas con témpera, ceras, rotuladores, pinturas pastel, entintado…  para levar a cabo dentro da aula, cando esta situación de alarma remate, e como reto final desta actividade faremos o Medromuseo, con todo o que iso implica (exposición das obras, visitas guiadas, invitacións…), facendo unha exposición coas reproduccións da obras elexidas polo alumnado empregando diferentes técnicas. Nesta actividade estudarase o Museo do Prado, facendo visitas virtuais, estudo e reproducción das obras que decida o alumnado.

   Para traballar esta proposta, dispoñeremos de dous tipos de recurso:

  •  un PDF coas obras máis coñecidas, pero non teñen que ser as máis interesantes, para que elixa o alumnado dúas delas
  • unha FICHA para cumprimentar con información das obras elexidas. Estas obras son suxerencias, as que se elixan serán decisión do alumnado despois da investigación e o paseo virtual polo museo do Prado.

     O material veralo premendo na imaxe e nos arquivos adxuntos desta entrada:

 

 

Ánimo e por O NOSO MEDRAMUSEO!!!!

 

De todas formas ide enviando as vosas obras por medios telemáticos, tal como quedamos e iremos avanzando a oferta de pinturas do noso museo.

 

Empezamos a visita...canta xente!!!!

 

Shsssssssssssssssssss!!!

gardamos silencio e ...observade e lede, que non se vos escape nada!

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
museo do Prado.pdf2.39 MB
FICHA MUSEO.pdf372.83 KB
museo do Prado_proposta.pdf947.58 KB

Powered by Drupal - Design by artinet