ORGANIZACIÓN DO TELETRABALLO PARA ALUMNADO DE 2º NIVEL _semana do 23 ao 3 de abril

 

Co motivo da declaración en ESTADO DE ALARMA, procedo a organizar  seguindo as indicacións propostas para levar a cabo o teletraballo co meu alumnado de 2º nivel de EP, así como tamén facer o seguimento das tarefas propostas por medios telemáticos, dos que disponemos.

         Xa estamos na segunda semana de confinamento, a primeira foi excepcional no voso traballo e colaboración co seguimento. Estou moi orgullosa de vos!!!E das vosas familias, que teñen que facer moitos traballos á vez!

 

Lembrádesvos cando vos dicía que tedes moita sorte de ter a FAMILIA que tedes?  Pois esta é unha das probas, estar ao voso carón, alongando a súa xornada de traballo respondendo as tarefas dunha profe, colaborando, ás veces disculpándose por no ser capaces de seguir o ritmo porque a sua xornada de traballo non llo permite por estas condicións tan excepcionais…

 

Unha vez máis GRAZAS FAMILIAS!

 

Os vosos fillos e fillas son así porque son o voso reflexo!!!

 

Os medios que empregaremos para o noso teletraballo serán os mesmos, a páxina web do centro, videoconferencias por SKYPE en grupo para solventar dúbidas dos temas tratados, teléfono móvil  ou whatsapp. Como titora sigo estando a vosa disposición dentro do horario que concretamos segundo as necesidades das miñas familias.

 

A batería de actividades para esta semana, seguindo a metodoloxía FLIPPED CLASROOM serán para cada materia, adaptando este sistema a esta situación que nos toca vivir:

 

·       LC, LG, CN, CS: Visionado de videos e elaboración dun mapa conceptual ou esquema do estudado. Traballo por retos ou misións nalgúns casos. Lecturas propostas. Fichas resumo de temas.
·    MEDROMUSEO, un proxecto integrado dentro do programa de enrequecemento da clase, onde nos imos adicar a investigar e a visitar virtualmente o Museo do Prado.
·   Repaso da táboa de multiplicar cos xogos e apps enviados.

 

TRABALLO DE APOIO:

 

*   

Traballo complementario de Matemáticas nas fichas de Santillana para repasar os contidos traballados ao longo deste curso.

Traballo complementario de Lengua nas fichas de Santillana para repasar os contidos traballados ao longo deste curso. 

*   Aula virtual do cole   

 

****Adxuntarei as actividades mencionadas para completar este plan de traballo en diferentes entradas tanto na web do centro como por outros medios telemáticos, ao longo destas dúas semanas. Aínda así, dada esta situación excepcional de estado de alarma,  as familias poderán dispoñer do  material para traballar segundo o ritmo, a diversidade do alumnado e a situación personal de cada familia.  E eu, como titora, seguirei estando a vosa disposición ante calquera dúbida respecto a isto, tal como levamos facendo.

Powered by Drupal - Design by artinet