TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Queridas familias:

Un agarimoso saúdo da profesora de Relixión dos vosos fillos e fillas. Sen ánimo de sobrecargar de tarefas aos nosos nenos e nenas, simplemente de xeito opcional e voluntario, e como unha materia máis do currículo escolar, non obrigatoria, ben é certo, aquí vos deixo algunhas propostas de actividades que pode levar a cabo o alumnado matriculado na mesma.

 

Moito ánimo e confianza nunha recuperación rápida da normalidade nas nosas vidas. 

 

Para o alumnado de Relixión de 1º e 2º propóñolles ver unha pequena película sobre a historia da Semana Santa e facer unha actividade titulada "O cesto dos bos desexos", no que cada neno e nena escribirá nuns ovos de pascua unha mensaxe especial para a persoa destinataria do mesmo: un amigo, unha amiga, os avós, as avoas, as nais, os pais...en definitiva, para quenes eles desexen. En canto ao material necesario para facela a parte do lápis e as pinturas, poden realizar a cesta e os ovos en papel ou en cartulina. Lembrade que non son actividades obrigatorias senón suxerencias de traballo para quenes poidan e queiran facelas.

 

 

 

 

DESCARGA AQUÍ A ACTIVIDADE DA CESTA DOS BOS DESEXOS

Powered by Drupal - Design by artinet