MARELA QUEDA NA CASA...!!!

Ola a todas e a todos os deportistas do Ceip de Arzúa!!!

Marela tamén se sumou ao reto de... QUÉDATE NA CASA!!

Sabe que durante este tempo de confinamento temos que seguir traballando telematicamente dende a casa e que de momento non podemos compartir xogos cos nosos amigos e amigas. Pero como bos e boas deportistas que somos ten moi claro que imos a conseguir este novo RETO porque a través do DEPORTE aprendimos  os valores esenciais para acadalo:  COMPAÑEIRISMO, COOPERACIÓN, TRABALLO EN EQUIPO, DEPORTIVIDADE, XOGO LIMPO.....

Se estes valores os envolvemos coa SOLIDARIEDADE, seguro que GAÑAMOS ao noso adversario o CORONAVIRUS.

Marela vainos acompañar durante a nosa permanencia na casa con consellos saudables e lúdicos.

Vos tamén podedes colaborar con Marela e mandar consellos saudables!!!!

 Mirade, mirade...... o que nos deixou....

Powered by Drupal - Design by artinet