ORGANIZACIÓN DO TELETRABALLO PARA ALUMNADO DE 2º NIVEL EP

Co motivo da declaración en ESTADO DE ALARMA, procedo a deixar plasmada a organización,  seguindo as indicacións propostas pola Consellería de Educación, para levar a cabo o teletraballo co meu alumnado de 2º nivel de EP, así como tamén facer o seguimento das tarefas propostas por medios telemáticos, dos que disponemos.

Seguiremos un esquema de traballo ao longo, polos menos de 15 días. Cada neno/a elaborará o seu horario seguindo un modelo que envío nun archivo, xa que vai depender dos horarios das súas familias, que moitas delas teñen que ir a traballar. É polo tanto un horario flexible ao longo de todo o día.

Despois de mandarlles unha cuña radiofónica onde puxemos os cronómetros a cero para empezar esta nova experiencia obrigada por un virus, o COVID19.

Os medios que empregaremos para o noso teletraballo serán a páxina web do centro, o meu correo electrónico,  videoconferencias por SKYPE en grupo para solventar dúbidas dos temas tratados, teléfono móbil  ou whatsapp. Como titora estarei a vosa disposición dentro do horario que concretaremos segundo as necesidades das miñas familias. Faremos unha programación semanal e para levala a cabo realizaremos traballaos nos didtintos medios a nosa disposición como apps, xogos interactivos, vídeos e diferentes metodoloxías como Flipped Classroom e outras. Así como tamén páxinas webs creadas por esta situación tan extraordinaria que estamos vivindo, na cal colaboro con outros mestres/as , con moitas gañas de seguir aprendendo: Aulas Galegas

                                

Despois de haber mandado a primeira batería de actividades para estes días e á espera de que me remitan as actividades feitas:

Empecei por expoñer unha sería de posibles actividades para facer hoxe mentres que agardamos, xa que quero coordinar con todo o equipo docente do Segundo nivel, é dicir , todos e todas as mestras que lle dan clase :

*Facer o menú das comidas de toda a semana, para repasar contidos sobre un dieta sana . Tedes liberdade de facer uso da creatividade e dos materiais que dispoñan na casa, pode ser nun folio, cartulina, cartón etc ... a finais de semana mandádesmo para a publicación web…

*Inventar unha canción ou un poema en galego para lavar as mans axeitadamente. Así se lles axuda a concienciarse! E asi tamén cubrimos o DIA DA POESÍA que é o 21 de marzo e a chegada da primavera: mandar a letra da canción ou do poema en formato papel e o vídeo da sus interpretación , xa sexa canción ou poema, así traballamos a expresión oral en língua galega !!!

*Crear un superheroe ou superheroina, para elaborar unha pequena narración (conto ou cómic) de cando se encargan de facer tarefas diarias na casa para axudar aos adultos, sentirse útiles e ocupados.

*Escribir no diario de cousas graciosas ou inquedanzas que vos pasan pola cabeza que pasaron nese día. Así aproveitamos o diario.


NON ESQUEZADES o tema 8 de CS para repartir ao longo destes 15 días rematando coa elaboración dun mapa conceptual sobre o Sistema Solar ... en folio ou en cartulina de calquera tamaño con ilustracions , debuxo ou fotos

***TODAS ESTAS TAREFAS PODÉDESMAS ENVIAR AO LONGO DA SEMANA POR MEDIOS TELEMÁTICOS.

 

E SEGUIMOS EN CONTACTO!!!!!! pero a partires de hoxe na lapela da dereita, DEPARTAMENTOS-1º e 2º nivel de primaria (picando nesa orde)

AdxuntoTamaño
4BAC0DED-5C38-4454-99D2-9E97DECBC882.jpeg259.34 KB

Powered by Drupal - Design by artinet