RECOMENDACIÓNS PARA O ALUMNADO DE PRIMEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Prezadas familias:

Tendo en conta a suspensión das clases  establecida pola Xunta de Galicia e a suxestión de favorecer, na medida do posible, a continuidade do traballo curricular durante este período, como titor dos seus fillos/as, achégolles as seguintes recomendacións:

Sería conveniente que os seus fillos/as dedicasen durante estes días un tempo a repasar os seguintes aspectos:

Todos os días, se é posible, dedicación á lectura. Lembrarlles a importancia da lectura diaria, coidando a compresión do que len e, cada vez máis, a fluidez. Incluso poden compartir con eles e elas dita lectura e “ir a medias”, sendo sempre respectuosos co nivel lector en que se atopan. Para iso, deberán ter en conta os seguintes puntos.

-          Respectar as pausas ao ler.

-          Ler entonando correctamente.

-          Vocalizar ben durante a lectura en voz alta, coa velocidade e entonación axeitadas, marcando os puntos, sen interrupcións nin retrocesos.

Que resuman, de xeito oral e en poucas palabras, aquilo que leron; ou ben que respondan a preguntas sobre o lido.

Escritura de varias frases copiadas do material que se irá achegando.

Pequenos ditados de palabras (palabras con br, gr, pl, tr, bl, mp, mb, g, gu, ce, ci, z, r, rr…

Observar o cumprimento das seguintes reglas:

Emprego das maiúsculas (ao principio das frases, en nomes propios e despois de punto).

Emprego do punto final nas frases.

Escritura correcta e lexible.

 

Progresivamente iranse recompilando diversos materias e recursos para imprimir ou traballar en rede que permitan traballar estes e outros aspectos.

 

Powered by Drupal - Design by artinet