ROCHAS E MINERAIS, unha actividade no 2º nivel de EP

Ímosvos falar dunha mañá moi productiva de contidos e un maior coñecemento sobre as rochas e os minerais, grazas ao traballo desinteresado dun pai que nos trouxo un montón de novidades e información a nosa clase de ciencias.

Falamos de rochas, minerais, tipos de rochas, fallas, placas tectónicas, volcáns , terremotos, tsunamis, mapas xeolóxicos ...experimentamos e saboreamos a tectónica de placas e deixamos un aberto para observar día tras día e facer apuntes sobre o que acontece hora tras hora...

Desfrutamos un montón e tivemos a gran sorte de ver en directo unha fermosa colección de minerais, ademáis xogar a adiviñar que tipo de rochas tendo en conta as características que estudamos, sempre apoiados de Gea, unha fantástica personaxe que sabe moito!!!!

Quedámonos con varias cousas claras:

  • Non é o mesmo rocha que mineral.
  • Tipos de rochas que hai: ígneas, sedimentarias e metamórficas.
  • Tipos de rochas ígneas: plutónicas e volcánicas.
  • Existe un ciclo de rochas, como a vida mesma.
  • Mapas xeolóxicos a nivel mundial e de Arzúa cunprograma chamado gvSIG.
  • Como se forman as montañas e as cordilleiras co movemento das placas tectónicas.
  • Aprendemos que se pode aprender desfrutando e saboreando (comemos placas tectónicas untadas e rico magma ).

E para deixalo máis claro apoiámos toda a experiencia con imaxes!!!

 

 

E para fixar máis e mellor os contidos fixemos varios experimentos:

  • Movemento de placas tectónicas:

  • Mármore atacado por un ácido..observación directa para saber que pasará? 

 

Powered by Drupal - Design by artinet