PAISAXES CON LATEXO

O meu corazón ten latexo só ao ver as fantásticas paisaxes que os nosos alumnos e alumnas nos fan chegar.

 
Empregan esta actividade para achegarnos o seu sentir nun rincón especial para cada un con tres verbas aparte de explicar o por que de que esa paisaxe teña latir:
 
 
 
 Para min ese sitio ten un corazón porque cando vou sinto bolboretas no estómago.  Alí poido estar soa sen ter ruídos ao meu arredor, sen xente estorbando... Eu alí teño un sitio especial no que me deito e algún día teño tirado segredos polo río que pasa por alí. Desfanse, pero sei que así ninguén  mos vai ler. Á parte de ser o meu sitio especial por iso, tamén é porque vou comer alí cos meus amigos que, por certo, fan unha comida deliciosa sobre todo o churrasco. E cando vou cos meus amigos ou curmáns xogamos a cocinitas e pasámolo moi ben.


 
 
 
Esta paisaxe significa moito para mín por iso a levo no corazón. Elexina entre moitas porque dende moi cativa vivín nela experiencias moi fermosas, era o lugar onde xogaba e pasaba o tempo cos meus curmáns, cando ía á casa dos avós maternos. 
Agora xa non hai tanta natureza  como anos atrás onde no verán era ideal pasar o tempo xa que tiña árbores que facín sombra e un rego de auga, un sitio ideal para merendar!
Na casa dos meus avós chamásmolle o Regueiro, un lugar moi tranquilo e discreto xa que só temos aceso por unhas escaleiras de terra, moi preto da casa.
 
 
No verán cando estou triste vou ao meu xardín onde se atopa un arbusto moi grande con flores rosa forte e déitome ao abrigo da súa sombra. Reflexiono que o sol brilla no ceo. É un lugar especial para mín, onde ninguén me vixía, onde hai tranquilidade e paz, onde se sinten aos paxariños piar...É máxico, moi máxico...



 
 
É unha fermosa paisaxe con natureza e moito verde. Encántame a natureza, paseala, disfrutala, vela!
Penso que se pode respirar mellor polas árbores, plantas e arbustos, que día tras día adican o seu tempo a fabricar osíxeno. Pódense ver distintas cores con diferentes intensidades, moitos verdes o que fai que se disfrute un montón. Déixate disfrutar do silencio á par dos sons propios dela. Chega directo o raio de sol que te quenta. É especial porque dende pequena moitas árbores desas vinas medrar e ía ali cada tarde para deitarme e tomar o sol. Pero agora teño que centrarme nos estudos e non teño moito tempo para ir alí pero segue habendo unha parte de mín que segue indo alí todos os días e xerando un sinfín de lembranzas.
 
 

Grobas é un lugar que tranquiliza cando estou nerviosa, que me acolle cando o necesito. Ponme de bo humor, nunca estou enfadada alí, é a miña mellor mediciña para mín. Ven sendo a casa da miña avoa. Grobas para mín é MOITO.






Elexin a paisaxe do pantano de Arzúa porque é a paisaxe máis bonita de Arzúa e non había outra máis bonita. É o lugar onde nacin e para min late no meu interior porque se non existira unha vila tan bonita ao mellor agora mesmo non estaría escribindo isto nin estaría neste colexo cos meus amigos(Sergio, Nico, Marcos...).




Gústame esta paisaxe porque foi creada en Nova Zelanda, para a rodaxe dun filme, un dos meus favoritos. tamén me atrae pola tranquilidade que transmite...



 
Esta paisaxe tráeme lembranzas, sempre que vou lémbrome dos meus familiares más queridos. 





Eu púxenlle corazón a esta paisaxe porque foi onde vivín os meus mellores intres. Alí eé onde nos xuntamos os veciños para xogar, cando estou triste ou enfadada sempre vou alí, RELÁXAME. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet