O venres 16 visitamos a exposición Sorolla "Tierra adentro" na Fundación Barrié.
- Comezamos a visita coñecendo algúns datos sobre a vida e o estilo da pintura de Sorolla, escoitando á guía e observando algunhas fotos.
- A continuación os nenos e nenas observaron algunhas pinturas nas que debían descubrir o xeito de pintar do artista, que cores utilizaba, o tipo de pincelada e, o máis destacado del, a luz das súas obras. Tamén descubriron que o artista pintaba as súas obras observando directamente as paisaxes e dun xeito bastante rápido.
- E despois de coñecer as principais características, fixemos un percorrido a través dos cadros polos distintos lugares de España nos que Sorolla pintou. Observando as diferenzas na luz de Castela, o norte de España e Andalucía.
- Como final da visita invitaron aos nenos e nenas a meterse no pel dun artista como Sorolla, e comezaron debuxando con lápiz e papel un boceto das vistas da cidade da Coruña.
- E como remate da visita un papel e ceras de cores foron o comezo de paisaxes cheas de cores e imaxinación.