FESTIVAL FIN DE CURSO

Xa chegou o final doutro periodo escolar, e como tradición toca a celebración do festival de fin de curso onde se poñen de manifesto as dotes artisticas de cada grupo de rapaces e rapazas, acompañadas sempre dunha entrega incondicional do profesorado para chegar a un exitazo rotundo...

 

Tamén supón a despedida dun grupo de 32 alumnos e alumnas que se van para o IES, empezan outra nova etapa nas súas vidas..aos que lles desexamos moita e boa sorte, recibindo unha fermosa mensaxe que así o reflexa en maorí, dentro dunha marabillosa danza aborixe representada polos nenos e nenas de 4º de primaria

 

Para ver máis preme aquí

Powered by Drupal - Design by artinet