VISITA Á TERRA CHÁ

Hoxe tocou visitar unha paisaxe moi diferente á nosa, a Terra Chá. Imaxinábamola tal cual porque xa viramos vídeos e fixeramos debuxos deste tipo de paisaxe de interior. Estabamos en Outeiro de Rei, na Casa Museo de Manuel María e en Friol, en Avifauna, e para xantar unha paradiña en Vida de Aldea en San Clodio de Aguiar.

 
Saímos de Arzúa ás 10:00 horas para chegar a Casa Museo de Manuel María onde un guía, Fran , nos explicou moitas cousas sobre a súa vida e obra, ademáis dunha fermosa vista polo interior da súa casa: a súa habitación, a sala do reloxio, o seu escritorio, a súa biblioteca privada, unha sala só coas súas obras, tanto poéticas como teatrais.
 
Entrada Casa Museo




E pola tarde en Avifauna, Jose o noso guía foinos introducindo non mundo das aves...explicounos todo moi ben!



En Avifauna coa Pita do monte



 

Powered by Drupal - Design by artinet