POLO CORREO DO VENTO

Enrique Mauricio xunto a Carlos Taboada forman o grupo Polo Correo do Vento e tivemos a gran sorte  de que nos visitaran hoxe no cole aos nenos e nenas de 1º, 2 e 3º nivel cun fermoso conto "Protexendo o camiño". Que mellor actividade para o programa Paisaxe que levamos no cole que coidar o noso tesouro, o Camiño de Santiago para que perdure limpo no tempo.

A actividade tivo dúas partes, unha a narración simultánea da ilustración do conto e logo unha actividade de debuxo a nivel individual...ENCANTOUNOS!!!!!!

Mentras o escritor narraba a historia o ilustrador ia debuxando. Falaban duns peregrinos que estaban namorados. Unha peregrina estaba namorada dun inglés,  e comentouse como se saudaban os ingleses. E un peregrino dunha francesa, e tamen se comentou como se saudaban os franceses. Confesaronse o seu amor e deronse un bico a pata coxa. Os nenos riron moito e facian o xesto do latido do corazón acelerado coa man. E finalmente debuxaron un peregrino guiados polos pasos do ilustrador. Primeiro duas boliñas que foron os ollos.  Despois un c, que foi o nariz. A continuación,  o sombreiro cunha cuncha de peregrino. Posteriormente,  mediante nubes, foron debuxando as orellas e a barba.  Logo trazaron unha línea horizontal e longa onde consideraban que remataria o corpo. E finalmente trazaron o corpo, as mans e un bastón de peregrino na man dereita,  que era a que tiña adiantada, cunha cuncha de peregrino enriba.

Se queres ver máis fotos preme na seguinte imaxe imaxe

 

Opcións de comentarios

Powered by Drupal - Design by artinet