Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Start: 22/09/2016 10:00
Segundo informou a Federación Provincial de APAS o pasado venres día 16, os alumnos que acudan a DEPORTE NO CENTRO e sexan beneficiarios de Beca Comedor estarán exentos do pago da cota, como xa viña sucedendo en POE. Debido a este cambio, aqueles beneficiarios de beca comedor que xa fixeran o pago pódense pasar pola oficina da APA para que lles sexa devolto o importe. Así mesmo ampliamos o prazo de inscrición a actividades ata o día 21 en horario habitual da APA e o mércores día 21 de 9:00 a 10:00 hs. Tamén aproveitamos para informarlles que estamos a traballar na oferta dunha nova actividade extraescolar, segundo o falado na reunión do día 14, para os martes de 16 a 17 hs. Daremos máis información en canto nos sexa posible. É importante que os apuntedes no prazo indicado xa que a día de hoxe non hai cupo en casi ningunha actividade, e de non acadar o número de participantes no sairían adiante. NOVIDADE: A actividade DE TEATRO amplía oferta de idade a Educación Infantil. ROBÓTICA: o monitor achegounos o presuposto do material necesario: -Robótica- pequenos (1º-4ºEP): 10 €/mes -Robótica maiores (5º-6ºEP): De outubro a xaneiro non é necesario utilizar material (videxogos). De febreiro a maio (robótica) 15€/mes. Moitas grazas pola súa colaboración. HORARIO APA PARA CURSO 2016-17MARTES DE 9 a 10MÉRCORES DE 16 a 17
Podes descargar esta circular facendo click aqui
|