Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Martes Setembro 27, 2016 »
Mar
Start: 27/09/2016 13:47

Queridas familias,

rematado xa o prazo posto pola Federación Provincial de APAs para inscribirse nos programas Deporte no Centro, POE e Natación; a APA Parque de Belona alégrase de que nas seguintes actividades se acadaran o cupo de alumnos necesario para poder levalas a cabo.

As actividades nas que se formou grupo son:

- Prepatín

- Xogos rítmicos

- Baile Moderno

- Ximnasia rítmica

- Multideporte

- Natación

- POE DE LUNS A VENRES.

Mágoa que Patín, Xadrez e Xogos tradicionais non acadaran o número de alumnos esixido. Estamos a espera de confirmación pola Federación de APAS se permiten a súa realización con menor numero de alumnos. En canto saibamos a súa decisión comunicarémolo polas vías de costume (circular, web, cartaz na fiestra da oficina…).

Das actividades ofertadas pola APA só fallan uns poucos alumnos para acadar o número necesario en Fútbol e en Robótica de 5º e 6º EP. Animamos a que os inscribades, xa que ó ser dependentes da APA, e non da Federación, aínda podedes facelo.

NOVA ACTIVIDADE:

Tras a reunión coas familias do día 14, presentóusenos a demanda dunha actividade os martes de 16:00 a 17:00hs, con gran esforzo presentamos a actividade de

ARTES PLÁSTICAS:

Dirixida a Educación Primaria, desenrolarán múltiples e diferentes formas e técnicas artísticas onde o alumno descubrirá a sua propia capacidade creativa.

Precísase dun mínimo de 10 alumnos.

O día de comezo será o martes 11 de outubro.

Prezo: 12 €/mes

Moitas grazas pola vosa colaboración e esforzo para sacar adiante as actividades.

HORARIO DA APA

MARTES DE 9 a 10

MÉRCORES DE 16 a 17

 

Podes descargar esta circular facendo click aqui

Distribuir contido