Beca Comedor, Actividades e Novidades Importantes

22/09/2016 10:00
Europe/Madrid

Segundo informou a Federación Provincial de APAS o pasado venres día 16, os alumnos que acudan a DEPORTE NO CENTRO e sexan beneficiarios de Beca Comedor estarán exentos do pago da cota, como xa viña sucedendo en POE.

Debido a este cambio, aqueles beneficiarios de beca comedor que xa fixeran o pago pódense pasar pola oficina da APA para que lles sexa devolto o importe.

Así mesmo ampliamos o prazo de inscrición a actividades ata o día 21 en horario habitual da APA e o mércores día 21 de 9:00 a 10:00 hs.

Tamén aproveitamos para informarlles que estamos a traballar na oferta dunha nova actividade extraescolar, segundo o falado na reunión do día 14, para os martes de 16 a 17 hs. Daremos máis información en canto nos sexa posible.

É importante que os apuntedes no prazo indicado xa que a día de hoxe non hai cupo en casi ningunha actividade, e de non acadar o número de participantes no sairían adiante.

NOVIDADE: A actividade DE TEATRO amplía oferta de idade a Educación Infantil.

ROBÓTICA: o monitor achegounos o presuposto do material necesario:

-Robótica- pequenos (1º-4ºEP): 10 €/mes

-Robótica maiores (5º-6ºEP): De outubro a xaneiro non é necesario utilizar material (videxogos). De febreiro a maio (robótica) 15€/mes.

Moitas grazas pola súa colaboración.

HORARIO APA PARA CURSO 2016-17

MARTES DE 9 a 10

MÉRCORES DE 16 a 17

 

Podes descargar esta circular facendo click aqui

 

AdxuntoTamaño
ampliacion plazo sep.pdf312.85 KB