Saltar navegación

Saúde do aparato respiratorio

Enfermidades e alteracións do aparello respiratorio

Asma: alerxia provocada por tabaco, pole das prantas, pelo de animais, algunhas mediciñas, espazos contaminantes,... que provocan unha inflamación das vias respiratorioas. Os bronquios estreitanse provocando obstrucións. Os doentes senten que se afogan, e cando respiran emiten pitos ou asubíos coa gorxa. Non é raro atopar nenos/as e adultos usando un nebulizador para liberar as vías respiratorias.
Anxinas ou amigdalite: Infección das amígdalas, normalmente causada por un virus. As anxinas poden chegar a ter uns puntos amarelos que son grans de pus. As amígdalas poden aumentar moito o seu tamaño dificultando a deglutición.
Afonía: perda total ou parcial da voz. Por unha infección da larinxe (larinxite) ou por berrar moito de xeito continuado.
Larinxite: infección da larinxe. Síntoma de gripe.
Bronquite: Inflamación dos bronquios por virus ou bacterias que fai aumentar a mucosidade dificultando o paso de aire. Soe provocar tose, nun intento dos pulmóns de limpar as vias respiratorias.
Pneumonía: é unha infección dos alvéolos que se enchen de moco e pus, impedindo o intercambio gaseoso. Provoca cansancio, febre e tos. Ten que ser diagnosticada medicamente e tratada con antibióticos.
Gripe: É una infección respiratoria causada por un virus. Crea un malestar xeral. Se o corpo non é capaz de superala pronto, seguramente provocará larinxite, anxinas, afonía e incluso unha bronquite. Pode desembocar nunha neumonía.
Impo: Contracción involuntaria do diafragma e dos músculos intercostais, con peche da epiglote impedindo a entrada momentánea de aire nos pulmóns.
Imaxes: Sergio Palau. http://www.arasaac.org

Coidamos o aparato dixestivo

Mantén as vias respiratorias limpas. Sóate as fosas nasais diariamente e non metas ningún obxecto no nariz.

Abrígate con roupa adecuada. Protexe a boca e o nariz do aire frío e de cambios bruscos de temperatura.
Procura  comer amodiño para non atragoarte. Seguramente tosendo xa te liberas da obstrución. Se afogas deberían practicarche a maniobra de Heimlich Aliméntate con froitas e verduras ricas en vitamina C. Protexerante da gripe. Laranxas, brócoli ou coles de Bruxelas teñen vitamina C.
Evita a humidade. Se te mollas, sécate rapidamente e cambia de roupa e calzado se fose necesario. Protéxete de virus e bacterias evitando contactos innecesarios con persoas con gripe ou febre. Se es ti o enfermo, procura non extender as túas doenzas.
Se tés gripe, catarro ou febre procura beber líquidos. Facilitarán a limpeza das vías respiratorias expulsando as mucosidades. Se esbirras ou toses pon  un pano por diante para non contaxiar a ninguén.

O exercicio físico vaite dotar dunha maior capacidade pulmonar, optimizando o funcionamento xeral do organismo. Disminuirache os problemas respiratorios.

Intenta respirar polo nariz, protexerás a gorxa e o resto das vías repiratorias.
Non berres, irritarás a gorxa. De tabaco nin falemos.

Non te automediques. Vai ao médico cando teñas os primeiros síntomas da catarreira.
Imaxes: Sergio Palau. http://www.arasaac.org