Saltar navegación

Intercambio de gases

Os alveolos pulmonares

LadyofHats (Dominio público)

Na imaxe podemos observar os sacos alveolares rodeados polos capilares sanguíneos.

Fases do intercambio gaseoso nos pulmóns:

1-Ata os sacos alveolares chega polos bronquiolos o aire osixenado.

2-A arteriola pulmonar leva o sangue con CO2 ata os alvéolos

3-O CO2 pasa dos capilares sanguíneos aos alvéolos e o osíxeno dos alvéolos ao sangue.

4-O sangue osixenado vai para o corazón pola vénula pulmonar.

5-O aire con CO2 nos alvéolos é expulsado dos pulmóns.

__________________________________________________________

Licenza: Dominio público

A imaxe mostra o intercambio gaseoso nun saco alveolar rodeado por un capilar sanguíneo.

O sangue chega do corazón ao alvéolo cargada de CO2. Intercámbiao por osíxeno e segue camiño ata o corazón, que o bombeará a todo o corpo.

O intercambio gaseoso nas células: respiración celular

Os animais viven grazas á enerxía que producen as  células que forman os tecidos e órganos do corpo. Sen enerxía morreríamos.

A células son como fábricas de enerxía que necesitan osíxeno para queimar (oxidar) os nutrientes . Sen osíxeno (O2) a combustión sería imposible. Esa queima de nutrientes vai xerar residuos e gases (CO2).

En eso consiste a RESPIRACIÓN CELULAR: o sangue leva o osíxeno e os nutrientes ata as células e recolle o anhídrido carbónico e os residuos pruducidos na combustión.