Saltar navegación

O aparato respiratorio

A respiración

Sergio Palau (Dominio público)


A función básica ou principal do aparato respiratorio e a respiración.

A respiración consiste en transportar osíxeno e recoller o anhídrido carbónico do sangue. O intercambio de osíxeno por anhídrido carbónico faise no interior dos pulmóns.

Inspiramos aire pola nariz ou pola boca, que se achega aos pulmóns polas vías respiratorias. Nos pulmóns o aire repártese polos alvéolos. Os alvéolos son como saquiños ou bolsas rodeadas de capilares sanguíneos. Cando aire entra en contacto co sangue,  o osíxeno (O2) pasa ao sangue e o anhídrido (CO2) pasa aos pulmóns.

O sangue traslada o osíxeno a todas as partes do corpo e os pulmóns expulsan o CO2.

Órganos do aparato respiratorio

LadyofHats (Dominio público)


Distinguiremos entre vías respiratorias e músculos asociados ao proceso respiratorio.

Vías respiratorias:

1-Boca: Cavidade de entrada e saída de aire.
2-Nariz ou fosas nasais: Facilitan a entrada e saída de aire. Os peliños das fosas filtran as partículas de po, a mucosa humedéceo e os cornetos quéntano.
3-Farinxe: Comunica boca e fosas nasais coa larinxe.
4-Larinxe: Permite o paso do aire da farinxe á tráquea e impide o paso do bolo alimenticio á tráquea na deglutición, xa que dispón dun cartílago, epiglote,  que se pecha cando tragamos os alimentos. Na larínxe tamén se atopan as cordas vogais, que vibran cando pasa o aire.
5-Tráquea:Tubo que conduce o aire da larinxe ata os pulmóns, concretamente ata os bronquios.
6-Pulmóns: Son os órganos no que se produce o intercambio gaseoso. O dereito tren trés lóbulos ou seccións, o dereito só dous; ten que deixar espazo para o corazón.
7-Bronquios: Ramificacións da tráquea.
8-Bronquiolos: Múltiples ramificacións dos bronquios dentro dos pulmóns
9-Alvéolos: Bolsas ou saquiños nos que rematan os bronquiolos. Están recubertos de capilares sanguíneos e son os artífices do intercambio gaseoso, osíxeno -anhídrido carbónico.

Músculos asociados:

1-Diafragma: Está separando a caixa torácica do abdome. Cando se contrae reduce a caixa torácica facilitando a expulsión de aire dos pulmóns e cando se relaxa favorece a inspiración.
2-Músculos intercostais: Localízanse entre as costelas, facendo cos seus movementos que a caixa torácica aumente ou disminuia de volume.