Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
FARAONAS E FARAÓNS
Saíndo de Exipto as faraonas e faraóns "posan" con Tutankamon e fan o que mellor se lles da: xogar!!!
INAUGURACIÓN "AS NOSAS MULLERES"
Inauguramos na Casa da Cultura a exposición dos nosos traballos en cerámica sobre mulleres.Alí estaba o alcalde,o concelleiro,a directora do museo,a escultora Carme Romero....e as nosas familias.Que ben nos quedou!!!
Aaaaah!!E támén fumos en bus!!!
Primeira charla sobre Nutrición
Hoxe coñecemos a Cristina Vitamina e a Rafita Verdurita!! Fixemos un debuxo dunha verdura e xogamos a adiviñar, polas súas características, a froita ou verdura que tiña o compañeiro ou compañeira. E, para rematar, fixemos unha exquisita ensalada! Ñam!
Visita á banda do Terzo Norte e ao Museo Naval
O martes 21 de marzo 1º e 2º de Educación Primaria fomos de visita a ver á banda do Terzo Norte no Cuartel de Dolores. Alí puidemos disfrutar dun concerto con varias cancións infantís como son A Pantera Rosa, Os Simpson ou Os Picapedra. Tamén aprendimos sobre os diferentes tipos de intrumentos da banda (vento-madeira, vento-metal e percusión) e sobre o director. Un dos nenos comprobou que non é doado dirixir unha banda de música ainda que che deixen a batuta, pero ao final fíxoo moi ben. E, como sorpresa, participamos nunha exhibición de cans adestrados
Despois fomos ao Museo Naval e alí nos ensinaron como se vivía nun barco, o que había na despensa, os aparellos que tiñan que utilizar os buzos, os camarotes... e moito máis!
21 de marzo - Día Internacional dos Bosques e das Árbores
O luns 21 de marzo para conmemorar o Día dos Bosques e das Árbores, contamos no cole coa visita dun carballo chamado Anxo Moure!
Os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria concienciáronse un pouco máis da necesidade de coidar bosques e ríos e, ao finalizar, asistiron á plantación dunha árbore no patio do colexio. Mentres a plantaba, o xardineiro contounos un montón de cousas sobre como plantala e coidala para que medrara forte.
EXIPTO
Chegando a Exipto familiarizámonos có Sahara,o Nilo ,as pirámides,as cobras,os camelos.A nosa mesa de experiencias convertida no deserto!!!
CONTACONTOS ARBÓREOS
Na Día da Árbore tamén tivemos contacontos ,árbores,bosques,plantas,ríos e sobre todo aprendimos que hai que coidar da natureza e NON TIRAR LIXO!!!
VISITA DE ANDREA MACEIRAS
O martes 14 de marzo tivemos unha xuntanza o alumnado de 5º e 6º con Andrea Maceiras, a autora de Volverás, golfiño. Andrea cautivounos a todos coa súa novela e na visita falamos non só de literatura senón tamén de xeografía. A Costa da Morte é o lugar onde se desenvolve a historia chea de misterio e segredos. Coa súa voz cálida e agradable contestou a todas as nosas preguntas e eso que eran moitas. Antes de marchar asinounos os libros así como o libro de visitas do cole Grazas Andrea!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- …
- seguinte ›
- última »