Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

21 de marzo - Día Internacional dos Bosques e das Árbores

O luns 21 de marzo para conmemorar o Día dos Bosques e das Árbores, contamos no cole coa visita dun carballo chamado Anxo Moure!

Os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria concienciáronse un pouco máis da necesidade de coidar bosques e ríos e, ao finalizar, asistiron á plantación dunha árbore no patio do colexio. Mentres a plantaba, o xardineiro contounos un montón de cousas sobre como plantala e coidala para que medrara forte.