Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
5º Educación primaria
Coñecemos a Yayoi Kusama en Arts
Na clase de Arts de 5º EP coñecemos á artista xaponesa Yayoi Kusama cunha caixa de aprendizaxe chea de material e información sobre ela e co seguinte vídeo, co que podedes aprender máis sobre a biografía da artista que creou un universo de puntos.
A continuación, fixemos a nosa homenaxe creando unhas cabazas coloridas e decoradas con puntos, inspiradas na obra desta particular artista.
Podedes desfrutar da exposición das cabazas feitas polo alumnado de 5º e dos cogomelos creados pola rapazada de 6º na planta baixa da escola. Non vola perdades, merece a pena ver estas marabillosas obras de arte en persoa.
Células en realidade aumentada!
En quinto de primaria, na materia de Ciencias da Natureza, estamos a traballar sobre as células animais e vexetais. Un xeito divertido e sorprendente de aprender sobre as células e as súas partes foi velas en realidade aumentada. Parece que lles gustou bastante a experiencia. Mirade que caras de abraio teñen algúns!
Formación do alumnado de 5º de primaria en Polos Creativos
Neste mes de maio comezamos a formar ó alumnado de 5º de primaria en Polos Creativos. Esta formación ten como obxectivo facer competente ó alumnado no uso das máquinas que temos na biblioteca, coma son a cricut e a impresora 3D.
Nestas sesións as alumnas e alumnos comprobaron que teñen moitas capacidades e habilidades para empregar de forma autónoma estas máquinas e os programas informáticos necesarios.
Unha vez o alumnado de 5º de primaria remate a súa formación, eles mesmos mentorizarán o alumnado de 4º de primaria. Con esta mentoriación queremos que ó alumnado de 5º se sinta competente sobre o aprendido e estableza lazos co alumnado de 4º de primaria.
Estas formaciones rematarán en xuño mais o curso que ven contamos continuar formando a todo o alumnado do centro.
Chegou a primavera !
Hoxe 20 de marzo comezou a primavera ás 4 horas e 6 minutos no hemisferio norte, o noso hemisferio, din que vai durar aproximadamente 92 días e 18 horas. Na clase de quinto a primavera deunos a benvida cunha nova planta para a aula, unha Suculenta Cebrina, ou Cebriña, de nome científico Haworthiopsis attenuata.
Ademais da súa función decorativa ter plantas nos espazos de interior din que melloran a calidade do aire, reducen a humidade e fan os lugares máis acolledores, calmándonos e reducindo o noso estrés. Así que como actividade na clase de Ciencias Naturais e en relación ao PDI deste curso " Pegadas Verdes" adicámonos a transplantar as plantas da escaleira da nosa zona, coñecedores da importancia de ter plantas no interior das nosas casas, escola e lugares de traballo.
Nestas fotos podedes ver como transplantamos unha Clivia (Clivia miniata) e unha Cinta (Chlorophytum comosum).
E aquí ademais da Clivia podedes ver que tamén transplantamos unha planta que ten uns nomes moi curiosos, o máis coñecido é Lingua de sogra, pero tamén se lle chama Lingua de tigre ou Espada de San Xurxo, o seu nome científico é Dracaena trifasciata.
Por último e para rematar plantamos unha cápsula con sementes que a ANPA regalounos polo Nadal e que estamos desexando ver que é o que brotará, como será esa planta.
Photocall 8M
Nesta xornada do 8M ademais de participar nos obradoiros organizados para esta data aproveitamos o engalanado que tiñamos o centro grazas ao concello e a nosa ANPA para sacarnos unhas fotiños que quedaron así de chulas.
Obradoiro De bo rollo! : Educación sexual para aprender a querernos ben.
O pasado 28 de febreiro tivemos un obradoiro de educación sexual chamado De bo rollo!: Educación sexual para aprender a querernos ben. Foi un taller moi interesante e ameno para o alumnado. Non hai maior protección que ensinar á rapazada a pensar, a quererse ben, a querer ben, a respectarse e a respectar.
PROGRAMA D´TEC: ESPECTÁCULO DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2024
O venres 23 de febreiro, despois do acto de homenaxe a Rosalía o alumnado do 3º ciclo realizamos unha saída educativa ao CIS Tecnoloxía e Deseño. Alí asistimos a un espectáculo científico centrado na importancia das mulleres científicas e tecnólogas ao longo da historia. A charla foi conducida polos divulgadores científicos Iria Ollero e David Ballesteros. No show combinaron datos bioráficos e anécdotas vitais con experimentos rechamantes inspirados nas científicas presentadas.
A actividade intégrase no programa D´tec de fomento das vocacións científico- tecnolóxicas que se desenvolven todo o ano no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol.
23-F UN DÍA PARA CELEBRAR A ROSALÍA
O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego, e dende o curso escolar 21_22 inclúese esta efeméride na nosa programación. Unha data que ata ese ano e ante o descoñecemento do día exacto do nacemento da poeta, celebrábase o día 24 de febreiro, día no que recibiu o bautismo. Como en anos anteriores dende o centro rendímoslle unha homenaxe lendo e poñendo en valor a súa obra.
Comezaron os rapaces e rapazas de sexto cantando unha versión musicada de Cantarte, hei Galicia, poema pertencente á obra Cantares Gallegos publicada o 17 de maio de 1863, data que marca a celebración do Día das Letras Galegas.
Despois da actuación de sexto, por quendas, todos os cursos recitaron poemas de nosa autora máis universal. Fixérono todas e todos de marabilla, parabéns!
PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA NOS CENTROS EDUCATIVOS.
O mércores 21 de febreiro tivemos a segunda das tres charlas programadas para este curso no terceiro ciclo do Plan director para a convivencia nos centros educativos. Nesta segunda charla sobre Ciberseguridade e uso adecuado de internet e redes sociais Sara, que pertence ao corpo da Garda Civil, explicounos cousas moi interesantes e importantes para facer un uso responsable e seguro de internet.
Entroido 2024
Un venres de Entroido pasado por auga pero a diversión na aula non faltou.