diversión

UNHA CONTA ATRÁS DE CONTO

NADA ASUSTA A NUBA

 Hoxe temos un conto  moi  especial,contado

por Tania, a mamá de Valentina (5 Anos B) e

de Tatiana (3 Anos B). Queredes escoitalo?

Se  premedes  na  imaxen  podedes

desfrutar  deste marabilloso  conto.

 

     ENCANTOUNOS   O  CONTO!!!

     MOITÍSIMAS GRAZAS TANIA

POR COMPARTILO 

CON NÓS!!

 

 

 

 

UNHA CONTA ATRÁS DE CONTO

COCORICO

Comezamos unha  conta  atrás de conto

con  COCORICO. 

Premede  na  imaxe  para  poder

escoitar  o conto.  

 

 

 

 

MALETAS VIAXEIRAS

LECTURAS  INCLUSIVAS  NO  CASTELAO

 

A Asesoría  de Bibliotecas Escolares pon  a  disposición  dos  centros educativos  as  maletas viaxeiras.

Xa recibimos  a  primeira  maleta  que solicitamos  para  este curso: Por unha  biblioteca inclusiva

A  temática  desta  maleta  é  sobre libros relacionados coa diversidade.

Podedes  consultalos  durante un mes que será  a permanencia  da  maleta  no  centro.

 

 

XOGOS DE OUTONO

XOGOS  DE  OUTONO

4  de  novembro celebramos  a festa do  magosto  no  colexio.

O  alumnado  do  1º  ciclo  de Primaria  desfrutou  dunha  xornada  de xogos  tradicionais: "Quen  perde  a  cadeira"," Tiro  a  corda", "Afina  a  puntería" e a "A  castaña por  atrás  tris  tras".

Tamén  houbo  tempo  para  os  xogos  de  mesa  ca  temática  do  outono: dominó, tabú, lince, memori e  xogos  de  comprensión lectora.

Ao  longo  da  mañá, houbo   un  oco  para  facer  un  experimento  de  mesturas  e  tamén  para  posar no  Photocall  outonal  cos  nosos  refráns  e  cantigas  favoritas  que  recopilaron  coas  súas  familias.

E  nesta  xornada  de  tanta  diversión  non  podía  faltar a  degustación  de  castañas  que  nos  preparou  o  castañeiro  Benito. Estaban  riquísimas!!!

Se  premedes  aquí  podedes  ver  un  pequeno  resumen  desta  xornada.

 

 

PASÁMOLO  XENIAL!!!

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

    MOCHILAS  VIAXEIRAS

Como é tradicional,  a  principios  de  novembro comenzan  unha  nova  andaina  as  mochilas  viaxeiras.

Cada venres  visitarán  unha  familia  que  poderá  gozar  do  seu  contido  ata  o  xoves  seguinte.

Se  pulsades  nos  libros  coñeceredes  todos  os  contidos  incluidos  nas  mochilas.

Ademais  dentro  de  cada  mochila  hai  un  caderno  que  o  irán  enchendo  entre  todas  as  familias,coas  suxerencias, opinións, sentimentos  e  sensacións  que  produciu  o  seu contido.

 

     

 

 

 

      

 

 

 

ESPEREMOS  QUE  VOS  GUSTEN  E  QUE  GOCEDES  DO SEU  CONTIDO

 

 

 

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

               CONCURSO  DE  MARCAPÁXINAS

 

Con  motivo   da   celebración  do  día  das 

Bibliotecas  Escolares   o  24  de  outubro

convocouse  un concurso  de  marcapáxinas

A  actividade  consistía  na  creación  dun 

marcapáxinas  ca  temática: E ti...a que 

xogas? (PDI do  actual  curso)  e  ademais 

debía  conter  un  texto  en  galego  que

anime  a  ler,que  fomente  a  lectura.

Déixovos  aquí  todos  eles para  que vos 

quededes  coa  boca  aberta!

 

 

 

 

 

 Como  podedes  ver Botalerias  tivo  moi moi

moi   díficil  para  poder  elexir  un  gañador  por  nivel. 

Os  gañadores  deste  ano curso  foron: