bibliotecabotalerias

MOCHILAS VIAXEIRAS

    MOCHILAS  VIAXEIRAS

Como é tradicional,  a  principios  de  novembro comenzan  unha  nova  andaina  as  mochilas  viaxeiras.

Cada venres  visitarán  unha  familia  que  poderá  gozar  do  seu  contido  ata  o  xoves  seguinte.

Se  pulsades  nos  libros  coñeceredes  todos  os  contidos  incluidos  nas  mochilas.

Ademais  dentro  de  cada  mochila  hai  un  caderno  que  o  irán  enchendo  entre  todas  as  familias,coas  suxerencias, opinións, sentimentos  e  sensacións  que  produciu  o  seu contido.

 

     

 

 

 

      

 

 

 

ESPEREMOS  QUE  VOS  GUSTEN  E  QUE  GOCEDES  DO SEU  CONTIDO

 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS: 24 DE OUTUBRO

DÍA  DAS BIBLIOTECAS

Por  fin  chegou  o gran día  en  que  a casa  de  Botalerias  abre  de   novo  as  súas  portas para  recibir  aos nenos  e  nenas  que  están  ansiosos por  ler  moitos  libros.

Despois  de  dous  anos, volven  os  emprésitos  no  recreo  para  o  alumnado  de  Primaria  e  ademais  Botalerias  conta  cuns  axudantes  de  luxo  que  axudan  ao  profesorado  durante a  garda de  recreo  (alumnado  de  sexto  de  Primaria).

Durante  esta  semana  do  24  ao  28  de  outubro  o  alumnado  do  centro  acudiu  a  formación  de  usuarios. Onde  se  lle  explicaron  as  normas  para  poder  gozar  do  biblioteca  e  tamén  como está  organizada a catalogación  dos libros.

O  alumnado  foi  agasallado  cunha  chapa  da  mascota  da  Biblioteca e o marcapáxinas  gañador  do  seu  curso.

 

 

 

 

 

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

               CONCURSO  DE  MARCAPÁXINAS

 

Con  motivo   da   celebración  do  día  das 

Bibliotecas  Escolares   o  24  de  outubro

convocouse  un concurso  de  marcapáxinas

A  actividade  consistía  na  creación  dun 

marcapáxinas  ca  temática: E ti...a que 

xogas? (PDI do  actual  curso)  e  ademais 

debía  conter  un  texto  en  galego  que

anime  a  ler,que  fomente  a  lectura.

Déixovos  aquí  todos  eles para  que vos 

quededes  coa  boca  aberta!

 

 

 

 

 

 Como  podedes  ver Botalerias  tivo  moi moi

moi   díficil  para  poder  elexir  un  gañador  por  nivel. 

Os  gañadores  deste  ano curso  foron:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONTACONTOS

 

CONTACONTOS

 

  Para  celebrar  o  día  do  libro,  o  alumnado  de  1º  de  Primaria  recibiu   a  visita dun  contacontos  o  cal  lles relatou  o  libro  que  traballaron na  aula  ao  longo  do curso: Paco Peco Pequeneiro   e  o  lagarteiro  miope do  autor  Xelis  de Toro.

 Deixoulles de  agasallo  un  debeuxo que  aproveitaron para  colorealo  na  biblioteca.

Premede  na  imaxen  para  ver  o  ben  que  o  pasaron na actividade.

 

23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

 

DÍA  DO  LIBRO

 

Con  motivo  da  celebración  do  Día  do Libro  o  Equipo  de  biblioteca queremos  compartir o  mural  de BOOKFLIX realizado  coas  aportacións das  diferentes  titorías.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén   aproveitamos  para cambiarlle  a  imaxe   a  porta   da  biblioteca. Agora  ao  entrar  atoparedes  unhas  frases  motivadoras  que  nos  deixou  o  noso  amigo  Botalerias.

 

 

 

 

 

Moitas  grazas  pola  vosa  colaboración!

 

Ata  pronto!

 

 

VISITA DO HEMATOCRÍTICO

 

No  mes  de  marzo  recibimos  a  visita  dun  gran  escritor  e  tamén mestre. Compartiu  co  alumnado  de  2º de  Educación  Primaria  unha  charla  fantástica. 

Mil  grazas  Hematocrítico!!

 

 

   

 

 

 

 

 

 

LECTURAS POLA PAZ

 

LECTURAS  POLA  PAZ

 

Como  cada 30  de  xaneiro, celebramos  o

Día  Escolar  da  Non  Violencia Paz.

Tedes dispoñible na biblioteca numerosos 

exemplares  relacionados  co Día  da  Paz.

 

ANIMÁDEVOS  A  BOTARLLE  UNHA  OLLADA!!!!

 

 

 

LECTURAS INCLUSIVAS

 

LECTURAS   INCLUSIVAS

Na  biblioteca  de  Botalerias  seguimos  ampliando  os  fondos  inclusivos.  Para  ver  as  novidades  e  unha  pequena  reseña  delas  premede  na  imaxen.

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

BIBLIOTECA  BOTALERIAS

 

Ola  amiguiños!!

Xa temos  listas  as  recomendacións  lectoras 

para  o  Nadal, o  Nadal  con  libros  é máis 

divertido.

Premede  na  imaxen  para  poder  velas.

 

 

 

Lembrade pedir  alomenos  un  libro  nas  vosas  cartas  a Papá  Noel  e  aos  Reis.

Desesarvos  unhas moi  FELICES  FESTAS  e  unha  marabillosa  entrada  no  ANO  NOVO.

 

BO  NADAL  FELICES  FESTAS!!

 

Botalerias

 

 

 

DIA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

                   

DÍA   INTERNACIONAL  DA   DISCAPACIDADE

 

Lembrades que celebramos  hoxe 3 de decembro?

Pois sí... O  DÍA  INTERNACIONAL  da 

 DISCAPACIDADE aínda  que  nos  gusta  máis 

chamalo  DÍA  da  DIVERSIDADE  FUNCIONAL.

 

Como sabedes, propúxenvos un reto. Fixestédelo moi ben. Queredes ver como quedou? Se premedes  na   imaxe podédelo comprobar.