bibliotecabotalerias

3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

DÍA  DAS  PERSOAS  CON  DISCAPACIDADE

 

O  día  3  de  decembro conmemórase o Día da  Diversidade  Funcional, un día para lembrar a igualdade, sexa  cal sexa  a  nosa  condición  persoal, porque todos somos  diferentes e  cada  un  de nós  ten  moito  que  aportar  aos  demais.

Dende  a  biblioteca  de  Botalerias deixámosvos uns  contos  e  unha curta que  podedes  visualizar, e a  partires deles  reflexionar sobre aquelas  cousas  nas  que  tedes  dificultades, para  as  que  precisades  axuda...porque a todos  e  todas   precisamos  que  nos boten  unha  man  en algo.

Premede  nas  imaxes  para velos:

 

 .   

    .  

 

 

 Tamén  vós  deixamos  una  pequena  recopilación  de  lecturas  inclusivas  que  podedes atopar  na  boblioteca.  Están  agardando  por  vós. Desfrutadeas!!

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

 

20 DE  NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL

DOS DEREITOS  DO NENO

 

O 20  de novembro de 1959, a Asamblea Xeral da ONU aprobou  a  Declaración dos dereitos  dos  nenos  e  nenas.

Os dereitos  do Neno veñen enumerados na  seguinte  Declaración:

 

  • Dereito  a  igualade

 

  • Dereito  a  Protección.

 

  • Dereito  á  Identidade e á  Nacionalidade.

 

  • Dereito  a ter unha  casa, alimentos e  atención.

 

  • Dereito  á  educación.

 

  • Dereito  ao  amor  dos  pais  e  a  sociedade.

 

  • Dereito  á  educación gratuíta  e  a  xogar.

 

  • Dereito  a  ser  o  primeiro  en  recibir  axuda.

 

  • Dereito  a  ser  protexido  contra  o  abandono  e  a  explotacion.

 

  • Dereito a  crecer  en  solidariedade, comprensión e xustiza  entre  os  pobos.

 

O  obxectivo  do Día  Universal  do Neno é recordar á cidadanía  que  os  nenos son  o  colectivo  máis  vulnerable  e  que  por  tanto  máis  sofre  as  crises  e  os  problemas.

 

 

NOVEMBRO:MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Como  todos os  cursos, en novembro celebramos o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. 

Tratando  de chegar a Ciencia ao noso  alumnado, decidimos facer unha exposición de libros relacionadas con  ese mundo, porque pensamos que  unha sociedade ben informada é dificil  de manipular.

Recomendarvos que aproveites esta ocasión para botarlles  unha  ollada e lévalos en préstamo.

 

                                    

 

Moitas  grazas  ao  alumnado  de  5º B  de Infantil  polo cartel  da  exposición.

EXPOSICIÓN LIBROS DE MEDO...

Con motivo da conmemoración do Samaín, na nosa Biblioteca podemos ver unha seleción de libros de medo, bruxas, historias de terror... que faran que non sexamos capaces de deixar de ler!!!

Tamén ambientamos os recunchos de lectura... mirade que ben quedaron!!

 

FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA ESCOLAR

A CASA DE BOTALERIAS BOTA A ANDAR ESTE CURSO 2018-2019.

No mes de outubro, adicámonos á formación de usuarios, lembrando normas, ubicación das obras, etc.

Todas as clases asistiron a estas xornadas de formación que foron UN ÉXITO!!

 

De igual xeito, aproveitamos esta visita para que cada grupo elixira o animal en perigo de extinción sobre o que traballará dentro do PDI "Animais en perigo de extinción" que levaremos a cabo este curso.

 AGARDAMOS APRENDER MOITO ACERCA DOS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN!!