Skip to Content

Plan de Atención á Diversidade

Atención á Diversidade educativa

Este plan intenta responder ás necesidades educativas específicas concretas que existen no noso Centro, promovendo actuacións para favorecer un maior desenvolvemento e integración do noso alumnado.

Para levar a cabo este Plan contamos cun departamento de Orientación integrado por orientador, mestra de Pedagoxía Terapéutica e mestres de Audición e Linguaxe.

Dende este departamento e contando coa implicación e colaboración dos titores e mestres especialistas,  desenvólvense diferentes programas específicos que permiten atender a  tres grandes grupos de alumnos ben diferenciados: alumnos/as  de altas capacidades, alumnos/as de incorporación tardía ao noso sistema de ensinanza e alumnos/as con necesidades educativas especiais.

Distribuir contido


by Dr. Radut