- PFPP (PLANS DE FORMACIÓN DO PROFESORADO) EN COORDINACIÓN CO CENTRO DE FORMACIÓN DO PROFESORADO DE VIGO:
- MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS.
- TRANSFORMANDO ESPAZOS.
- PEDAGOXÍAS ACTIVAS E ALTERNATIVAS.
- EDUCACIÓN RESPONSABLE.
INNOVA (PROGRAMAS DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN SOBRE INNOVACIÓN EDUCATIA):
- EDU INNOVA
- EDU SOSTIBILIDADE
- EDU CALIDADE
- EDU EXCELENCIA
- EDU SAÚDE
- IGUALAT-T
- CONVIVE-T
- INCLUE-T
- EMOCIONA-T
- QUEDA-T
AGRUPAMENTO DE CENTROS (ESPAZOS COMPETENCIALES, INCLUSIVOS E SOSTIBLES)
O curso 22/23 o noso Centro foi escollido ,previa presentación dun Proxecto, para o ”Programa de Agrupaciones de Centros Educativos” do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Este Programa ten unha duración de dous anos. Consiste nunha convocatoria de axudas destinada a promover agrupacións de Centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns que favorezan a educación inclusiva, a innovación educativa e a creatividade.
Este Programa pretende potenciar a equidade e a inclusión educativa, reducir a segregación escolar, fomentar iniciativas de innovación e investigación, desenvolver a creatividade, consolidar redes educativas de colaboración, contribuír ao desenvolvemento das competencias clave para a aprendizaxe permanente, desenvolver a capacidade de traballar en equipo, así como abrir os sistemas educativos ao exterior, todo en aras de unha mellora na calidade da educación.
O noso Agrupamento está formado por 7 Centros Educativos de 7 Comunidades Autónomas diferentes: CEIP Gandhi (Málaga), CEIP Puntagorda (La Palma), CEIP Sant Miquel (Tavernes de la Valldigna- Valencia), CEIP San Isidro (Tomelloso-Ciudad Real), CEIP Padre Manjón(Burgos), CEIP Ángel León (Colmenar Viejo-Madrid) e nos, o CEIP Carrasqueira.
O noso Agrupamento chamase “Espacios Competenciales, inclusivos y sostenibles”. Nestes dous anos profundizamos na inclusión , na coeducación , na sostibilidade e nas competencias que un Centro ten que adquirir para mellorar estes aspectos. Neste tempo fixemos mobilidades a 4 de estes Centros e tamén nos visitaron a nos. Así puidemos coñecer de cerca a realidade de cada un dos nosos Centros Educativos e aprender e compartir das boas prácticas de todos/as nos.
Nestas mobilidades tivemos formacións moi diversas e con formadores de gran prestixio:
- Sandra Molines: patios coeducativos
- Equipo directivo do CEIP Port de Xábia: transformación do espazo escolar
- Toni Aragón: formación patios sostibles e espazos renaturalizados.
- Antonio Rodríguez Hernández: educación emocional e para a creatividade.
- Siro López: transformación do espazo escolar, creatividade, beleza e harmonía dos espazos
- Yolanda (Equipo Gey Lagar) : patios inclusivos
- PRAE: visita e formación en Competencias para fomentar a educación ambiental e respeto polo medio ambiente. De man do equipo de Toni Aragón
- Pablo Labajos: Practicas educativas sostibles y medioambientais .
Ademais de todas estas formacións visitamos moitos Centros educativos nas diferente mobilidades onde puidemos vivir de primeira man experiencias moi enriquecedoras e coñecer moitas formas distintas de desenvolver a práctica educativa .