Neste verán na nosa escola tivo lugar un cambio importante no patio de infantil; froito dun proceso longo de reflexión e debate por parte das mestras deste ciclo, e que trasladaron á comunidade educativa, co apoio do equipo directivo, tanto o saínte coma o entrante.
Tratouse de trasladar ao espazo de xogo, unha perspectiva diferente desta zona, creando ambientes e espazos de aprendizaxe, movemento, experimentación e desfrute en contacto continuo coa natureza. Dando cabida a diferentes actividades, ritmos e estilos de xogo dos diferentes nenos e nenas e apetenzas de cada momento:
![](/centros/ceipcarrasqueira/system/files/u2/foto1.jpg)
-Un espazo de actividade intensa e movemento cos troncos de equilibrio e trepa
![](/centros/ceipcarrasqueira/system/files/u2/foto2.jpg)
- Un espazos semi-activo e sensorial cun panel instrumental e cunha cociniña xunto as plantas aromáticas para o xogo simbólico.
![](/centros/ceipcarrasqueira/system/files/u2/foto3.jpg)
- A zona do areeiro cos cacharriños, carretillas, caldeiros e pas que tanto lles gusta.
![](/centros/ceipcarrasqueira/system/files/u2/foto4.jpg)
- E unha zona tranquila coas cabañitas para falar, descansar e ler contos.
![](/centros/ceipcarrasqueira/system/files/u2/foto5_0.jpg)
![](/centros/ceipcarrasqueira/system/files/u2/foto5.jpg)
Estamos moi content@s co resultado, creemos que están desfrutando moito , e que se alcanzaron os obxectivos plantexados no proxecto.
Queremos agradecer a todas as familias que colaboraron e participaron para facer isto posible; e facer unha mención especial ao noso papá carpinteiro que escoitou as nosas propostas e co seu bo facer e grandes dosis de ilusión, motivación e creatividade o fixo posible. Graciñas.
Máis información aquí