Skip to Content

Refraneiro

Refraneiro - Xaneiro

“A auga de xaneiro, todo o ano ten tempero.”
“A flor de xaneiro no chega ao froiteiro.”
"A auga do mes de xaneiro mata ó usureiro"
"A sardiña no xaneiro, cúspelle a barba a un mariñeiro"
"Amor o primeiro, e a lúa a de xaneiro"
 "Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame no eido"
"Cando chove en xaneiro, non hai nin bo prado nin bo lameiro"
"Coa lúa de xaneiro vese a formiga no carreiro"
“Da auga de xaneiro cada gota vale un diñeiro.”
"En xaneiro, visita o outeiro; se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar".

Refraneiro de Nadal

- As chuvias de Nadal, non fan mal.
- Aí vén o mes de Nadal, que non deixe o millo sen apañar.
- Bo ano, Nadal soleado.
- Cada cousa no seu tempo, e os nabos no Advento.
- Cando o Nadal nada, sinal de boa anada.
- Castañas en Nadal, saben ben e prestan mal.
- Decembro mollado, xaneiro xeado.
- Día de Santa Lucía, enchente de auga ou de sardiña.

Refraneiro de novembro, tamén chamado mes de Santos

San Martiño (11 de novembro) - San Andrés (30 de novembro)

Refraneiro de Outubro

Primeiro vótalle unha ollada a estas datas, e logo le os refrans específicos do mes de outubro,  porque tamén hai moitos sobre o outono. 

Refraneiro de Agosto ou mes de Santiago

A castaña quere en agosto arder e en setembro beber
A chuva no mes de agosto non é chuvia, é mel e mosto
Aínda enagosto lle pica a espiña a quen en abril come sardiña
Agosto ardenteiro, herba no palleiro
Agosto e vendima non son cada día
Agosto, frío no rostro /  Agosto enfría o rostro
Agosto madura e setembro vendima as uvas
Agosto marchou, o que mallou mallou

Distribuir contido


by Dr. Radut