Skip to Content

2023-24

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/2025

Publicadas na aplicación FONDOLIBROS as listaxes provisionais do reparto de libros de 3º e 4º de Ed. Primaria do Fondo Solidario 2024/2025, así como no taboleiro de anuncios do interior do edificio escolar. 

Periodo de reclamación: 2 días seguintes á publicación. 

Así mesmo poden consultar na SECRETARÍA DO CENTRO a información correspondente ás axudas solicitadas de vales de libros e/ou material para o curso 2024/2025

LIBROS DE TEXTO 2024/25 - CAMPOLONGO

As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025

A Real Academia Galega dedicará no ano 2025 o Día das Letras Galegas ao cancioneiro popular galego. Esta proposta de poesía oral xa concorrera o ano pasado, no que finalmente se homenaxeou a Luísa Villalta

Festas de Verán - Pontevedra 2024

Refraneiro do mes de xuño

- A auga en san Xoán tolle o viño e non dá pan
- Aceitona, unha por san Xoán e un cento por Navidá.
- A mera no San Xoán leva o viño e mais o pan´
- A reixa de san Xoan, moitos o saben e poucos o dan
- A sardiña en San Xoán xa molla o pan.
- As trampas de san Xoán, por onde veñen, van.
- Até o corenta de maio, non quites o saio.
- Até o san Xoán, toda a herba é pan.
- Ata san Xoán non te quíte-lo gabán.

Festa Fin de Curso 2024

Festa organizada pola incombustible ANPA do colexio. Xúntanse videos.

Álbum: 2023-24 -> Festa Fin de Curso 2023-24

Graduación de 6º - 2023-2024

Xúnto co vídeo e as fotos van anexadas as cancións das actuacións por separado.

Álbum: 2023-24 -> Graduación de 6º

Formalización de matrícula 2024/25

Mañá día 20 comezará o plazo para a formalización de matrícula do curso 2024/25 para o alumnado de novo ingreso. Rematará o 30 de xuño.

Grazas.

Enquisa ANPA

Dende a ANPA, e de forma anónima e voluntaria, as familias poderán cubrir esta enquisa para coñecer a súa opinión sobre o plan educativo "EDIXGAL"

Enquisa

Distribuir contido


by Dr. Radut