Skip to Content

Refraneiro do mes de xuño

- A auga en san Xoán tolle o viño e non dá pan
- Aceitona, unha por san Xoán e un cento por Navidá.
- A mera no San Xoán leva o viño e mais o pan´
- A reixa de san Xoan, moitos o saben e poucos o dan
- A sardiña en San Xoán xa molla o pan.
- As trampas de san Xoán, por onde veñen, van.
- Até o corenta de maio, non quites o saio.
- Até o san Xoán, toda a herba é pan.
- Ata san Xoán non te quíte-lo gabán.
- Cabalo alazán non o teñas contigo en san Xoán.
- Cando san Xoán bebe viño, ponse moito vermelliño.
- Como sempre, detrás de maio vén san Xoán.
- De San Xoan a San Pedro, cinco días van no medio
- Día de san Paio, a cegoña nos prados.
- De san Xoán prás Navidás, os días van pra atrás.
- En san Xoán, as nove con día dan
- En san Xoán, nin a mexeira dun can.
- En san Xoán, a fouce na man.
- En san Xoán a sardiña molla o pan.
- En san Xoán, nin a mexeira dun can.
- En san Xoán, pés na cama, pé no chan.
- Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, e entre san Xoán e a sega marcha o cuco para a súa terra.
- Lampreas en san Xoán, para o can.
- Maio longo, san Xoán redondo.
- No dia de san Xoán baila o sol pola mañán.
- No mes de san Xoán secan as fontes e arden os montes.
- No mes de san Xoán pican as pulgas o rabo do can.
- O peixeiro trae o peixe, o padeiro trae o pan e as trasnadas, san Xoán.
- Polo san Xoán rapa o carneiro a la.
- Polo san Xoán baila o sol no chan.
- Tantos días de auga en nadal como de auga en san Xoán.
- Xaneiro, xeadeiro; febreiro, verceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro



page | by Dr. Radut