Na aula comezamos un proxecto de investigación coa finalidade de que o alumnado descubra a posibilidade de acceder ao coñecemento de xeito autónomo e organizado.
A primeira das tarefas foi decidir o tema a investigar coa premisa de que debía ser un animal. As propostas, debatidas en pequeno grupo e presentadas logo a todo o grupo, foro:
- Mono, porque son graciosos.
- Morcego, porque son raros.
- Cobra, porque queremos estudar o seu veneno.
- Camaleón, porque mudan de cor.
- Oca, porque fai ruido.
- Gato, porque pelexan cos cans.
- Guepardo, porque corre moito.
- Oso panda, porque está sempre tranquilo.
Votadas todas estas opcións, saíu elexido como tema de investigación "As cobras"