No día de hoxe, quixemos facer unha homenaxe a todas e todos os que loitan pola igualdade de xénero, compoñendo o simbolo da igualdade co alumnado e profesorado do centro. As mestras e o mestre, unímonos a convocatoria de vestirse de loito para denunciar a violencia de xénero e as desigualdades sociais.
Para festexar o Día da Muller, 8 de marzo, o alumnado do CEIP Belesar de Baiona fixemos un video no que quixemos agradecerlle a todas as mulleres que loitan por defender os nosos dereitos, as mulleres valientes que escriben a súa propia historia e fan un mundo máis xusto, as que marcan o seu camiño e o de todas. Grazas pola vosa forza!