O PASADO 3 DE MAIO DISFRUTAMOS DUNHA OBRA DE TEATRO DE TÍTERES NA AFUNDACIÓN EN VIGO TITULADA "GUYI GUYI".
E APROVEITAMOS O RESTO DA MAÑÁ PARA MERENDAR E XOGAR NO PARQUE DE CASTRELOS.
QUE BEN O PASAMOS!!
O 26 DE ABRIL FOMOS Á BIBLIOTECA DE BAIONA PARA DISFRUTAR DAS NOVAS INSTALACIÓNS, ESCOITAR E VISUALIZAR O CONTO "ELEFANTE COMELLÓN" E FACER OS CARNÉS DE BIBLIOTECA.
APROVEITAMOS A SAÍDA PARA MERENDAR E XOGAR NO PARQUE DA PALMA. PASÁMOLO XENIAL!!
PARA REMATAR O 2º TRIMESTRE E COINCIDINDO COA CHEGADA DA SEMANA SANTA, OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS LEVARON UNHA SORPRESA DENTRO DUNHA CESTIÑA DECORADA POR ELES.
O PASADO 4 DE ABRIL VIAXAMOS A PONTEVEDRA PARA GOZAR DUNHA ACTIVIDADE NO MUSEO TITULADA "PENSARTE", ONDE AS NENAS E OS NENOS TIÑAN QUE PENSAR SOBRE OS CADROS QUE LLES AMOSABAN E REALIZAR DIVERSOS XOGOS. PASÁRONO XENIAL E O FIXERON MOI BEN!!
O 21 DE MARZO AS NENAS E OS NENOS DE 4 ANOS PUIDERON DISFRUTAR DO PLANETARIO, ONDE VISUALIZARON IMAXES A TEMPO REAL, OS PLANETAS, O SOL E A LÚA,... ENCANTOULLES!!
NA SEMANA DA PRENSA (DO 11 AO 15 DE MARZO) CENTRÁMONOS NO XORNAL, PARTINDO DUN CONTO-VIDEO TITULADO "O HOMIÑO DE PAPEL", E ADEMAIS REALIZAMOS UNHA CARTELEIRA DE CINE CON PELÍCULAS DE DINOSAUROS, AS CALES LLE GUSTARON MOITO AOS NENOS E NENAS DE 4 ANOS.
NO ENTROIDO, OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS, FIXERON UN ANTIFACE DE DINOSAURO, CUMPRIRON AS ORDES DO MECO E ASISTIRON Á SÚA QUEIMA, E ADEMAIS REALIZARON UN DISFRAZ DE DINOSAURO PARA O FESTIVAL.
24 DE FEBREIRO, DÍA ADICADO A ROSALÍA DE CASTRO; REALIZAMOS UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA COA IMAXE DESTA MULLER TAN IMPORTANTE...UN CREBACABEZAS!! E TAMÉN ESCOITAMOS UN POEMA RECITADO POLO ALUMNADO DE 5º E 6º, "O FORNO ESTÁ SIN PAN", E UNHA CANCIÓN, "NEGRA SOMBRA", CANTADA POR 3 ALUMNAS DO COLE.