YouTube @ceipbelesarbaiona | @ceip.belesar | Radio Belesar | Canle de WhatsApp |
Os nenos e nenas do 1º e 2º ciclo e as súas mestras percorreron o venres 5 de marzo os monumentos da Arribada para festexar o inicio da festa da vila.Iniciaron cun xogo de pistas presentado por Martín Alonso. Visitaron a carabela, o monumento dos tres mundos, o pozo da aguada, os azulexos cos percorridos das carabelas e remataron na estatua de Pinzón onde atoparon un tesouro agochado.Mais tarde foron ao concello onde xogaron ao corro. Despois lles explicaron o xeito de facer as redes artesanalmente e ensináronlles a exposición de navios.Ali estaba a concelleria de educación e o alcalde da Vila que recibiron a esta comitiva. Remataron comendo ñoclos de Pinzón, doces típicos da arribada, que teñen o poder de volver a xente máis amable e agarimosa.
Belesar achegouse a arribada!!!
|
Pais/Nais |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2019 |