Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares, Departamento de Orientación, Equipo Dinamización Lingua Galega, Especialidades, TIC

HABILIDADES SOCIAIS

Podes descarga o documento en formato para imprimir facendo clic na imaxe que segue:

Habilidades sociais

Navega con rumbo

Sabes realmente manexar internet? non deixes de consultar a web creada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia.

Navega con rumbo

 

Podes descargar as guías de navegación para familias, alummado ou profesorado facendo clic nas imaxes que seguen.

Guía para pais Guía para alumnado Guía para profesorado
     

Outras páxinas de interese:

 

"As 10 claves para utilizar internet con seguridade"

 

CodeWeek

O noso centro participará na CodeWeek a través dunha actividade na que simularán ser robots e programadores. A actividade, deseñada polo italiano Alessandro Bogliolo e posta en marcha polo equipo de TIC do noso centro, permite introducir ao alumnado no pensamento computacional e na resolución de problemas dunha maneira divertida. 

CodeWeekQueres ver como se fai? Mira o vídeo que segue.

 

11 de outubro Día Internacional da Nena

Día Internacional da nena

 

O 11 de outubro celebramos o día Internacional da nena. Dende o CEIP Barrié de la Maza cremos que a igualdade entre os xéneros non é só un dereito humano fundamental, senón a base necesaria para coneguir un mundo pacífico, próspero e sustentable.

Día Internacional da nena

Para iso, ao longo do día de hoxe, o noso centro levará a cabo a actividade "Que significa facer algo como unha nena" para concienciar ao noso alumnado dunha realidade que todas xuntas podemos cambiar. 

(fai clic na imaxe para acceder a máis recursos)

Día Internacional da nena 

 (Descarga a actividade facendo clic na imaxe)

Actividade Día Internacionnal da nena

Día Mundial da Saúde Mental

Día Mundial da Saúde Mental

O 10 de outubro celébrase o Día Mundial da Saúde Mental. A Organizacións Mundial da Saúde (OMS) centrou este ano o evento na prevención do suicidio.

Na páxina oficial pódense atopar algúns recursos e folletos tanto para profesorado, xerentes e empregados, persoal de emerxencias e traballadores da saúde.

Folleto falemos

Importancia da estimulación en Educación Infantil

Dende o DO do CEIP Barrié de la Maza facilítase este documento con algúns consellos para axudar a estimulación das persoas máis pequenas da casa.

 

Importancia da estimulación en Educación Infantil

Idade de adquisición dos distintos fonemas

Dende o DO do Barrié de la Maza deixamos a disposición das familias unha pequena guía para saber a que idade se deberían adquirir os distintos fonemas.

(fai clic na imaxe para descargar o arquivo)

Adquisición de fonemas

Becas para alumnado con NEAE curso 2019/2020

Dende o DO do CEIP Barrié de la Maza lembramos que se poden solicitar axudas para alumnado con NEAE. O prazo remata o 26 de setembro de 2019.

 

Descarga a información facendo clic na imaxe

Becas NEAE 2019/2020

O ACOSO ESCOLAR

O departamento de Orientación presentou ás familias de todo o alumnado do Barrié de la Maza en dúas reunións, a guía de Acoso Escolar do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que está publicada no portal educativo da Xunta de Galicia. Ademais abórdanse outros temas de interese educativo.

COMEZA O CURSO CON CÉ E A ORQUESTRA PANTASMA

O pasado luns deu comezo un novo curso no CEIP Barrié de la Maza de Santa comba, para celebrar esta volta ao traballo achegouse ao noso centro o home-orquestra César Freiría co seu espectáculo "Cé e a Orquestra Pantasma". Todos e todas gozamos moito con esta actuación e cantamos e bailamos as súas divertidas cancións!!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut