ARCO 2021/2022
TODA A INFORMACIÓN DO PROGRAMA ARCO PARA O CURSO 21/22 ESTARÁ ACCESIBLE NO APARTADO DOCUMENTACIÓN DA WEB DO PLAN RECUPERA.
Que é a iniciativa Arco?
NOVIDADES:
1. Amplíase o prazo de solicitude ata o 30 de setembro.
2. O reforzo educativo poderá realizarse dentro e/ou fóra da aula ordinaria.
3. Increméntase o nº de docentes asignados a cada liña, quedando establecido como segue:
-
Liña 1: 460 docentes a media xornada
-
Liña 2: 244 docentes a media xornada
-
Liña 3: 244 docentes a media xornada
Modificación Resolución Arco 20/21
INICIATIVA ARCO
Co fin de seguir avanzando cara á consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda ás necesidades de todo o alumnado, e para continuar traballando polo fomento do éxito escolar e a prevención do absentismo e abandono escolar temperá, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade promove, por segundo ano consecutivo, esta iniciativa dirixida a centros docentes públicos (CEIP, CEP, IES e CPI) en réxime de concorrencia competitiva, co obxecto de favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional a través das seguintes liñas de actuación:
-
LIÑA 1, dirixida a alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria.
-
LIÑA 2, dirixida a alumnado de 1º ESO.
-
LIÑA 3, dirixida a alumnado de 4º ESO.
OBXECTIVOS
-
Apoiar o alumnado para a mellora do rendemento académico.
-
Mellorar o éxito escolar e previr o abandono educativo temperán do alumnado que cursa as ensinanzas obrigatorias.
-
Xerar un clima de aprendizaxe que favoreza o traballo en equipo, cooperativo e/ou por proxectos.
-
Disminuír as barreiras de aprendizaxe que dificultan superar e acadar os obxectivos do seu nivel educativo.
-
Xerar contornas de aprendizaxe que favorezan a interacción, o traballo colaborativo e a aplicación de metodoloxías participativas que melloren o desenvolvemento das competencias clave do alumnado.
-
Desenvolver modelos curriculares máis competenciais, interdisciplinares e participativos.
-
Impulsar a aplicación de cambios organizativos e metodolóxicos que permitan o seguimento personalizado das súas competencias.