Xa está no taboleiro do centro exposta a listaxe provisional de Fondo Libros (número de exemplares de cada alumno e alumna).
A partir do luns 8 de xullo colgaremos a listaxe definitiva especificando os libros adxudicados a cada neno ou nena.
Lembrade, tamén, que as familias que aínda non recolleron os vales de libros e material poden pasar a recollelos como data límite o luns 8 de xullo de ás 14:00 h. En caso de que algunha familia non puidera vir coller os vales neste prazo entregaráselle nos primeiros días do mes de setembro.
Está aberto o prazo para solicitude de Fondo Libros. Se se opta pola solicitude presencial hai que traer fotocopia do libro de familia ou certificado de convivencia onde aparezan todos os membros da unidade familiar.
Máis información fondo libros
Prazo: do 21 de maio ao 21 de xuño (incluídos)