Skip to Content

Menús comedor primavera-verán 2020-21 e Pago de taxas

Menú primavera Verán

(clic na imaxe para descargar)

Menús primavera Verán

 

Actualmente (23-09-2020) estamos no menú nº3

*Os menús excepcionalmente poden sufrir algún cambio debido a causa xustificada.

 

INFORMACIÓN PARA O PAGO DE COMEDOR ESCOLAR

DAS PERSOAS USUARIAS


Lembramos a todas as persoas usuarias do comedor escolar ás que lle corresponde pagar algunha das tarifas mensuais que, segundo a Instrución 2/2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 30 de maio, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2020-21, as formas de pagamento poden ser as seguintes:

 

  • Nas entidades autorizadas pola Consellería de Facenda: o centro entregará aos usuarios/as os impresos de pagamento; os suxeitos pagadores unha vez feito o ingreso nas entidades autorizadas, deberán entregar no centro, os xustificantes para “a administración”, debidamente validados polas entidades bancarias de depósito.

 

  • A través do espazo Abalar: os impresos estarán dispoñibles directamente para os usuarios do Espazo Abalar sen necesidade de obtelos a través do centro. O pagamento por esta vía é comunicado automaticamente á aplicación COMEDORES, polo que non terán que presentar xustificante no centro.

 

  • A través da oficina virtual tributaria: as persoas interesadas poderán utilizar a oficina virtual tributaria para realizar os pagamentos de xeito telemático. Os suxeitos que opten por esta vía deberán presentar no centro, nos 20 días primeiros de cada mes, os xustificantes de pagamento correspondente. Dispoñedes dun vídeo explicativo de como realizar o pago nesta aula virtual.


page | by Dr. Radut