A Dirección do colexio informa dos seguintes cambios que afectan á organización xeral do centro, para intentar mellorar o funcionamento do mesmo. Comezarán a aplicarse o vindeiro luns 7 de marzo:
- Na hora de entrada, os nenos deben acceder SEMPRE polo portal do patio e con PUNTUALIDADE. Non poden acceder pola porta da entrada principal ao edificio, que se pechará durante a entrada do alumnado. En caso de chegar máis tarde (e non ter xustificación por escrito (cita médica ou similar...)) agardarán acompañados polos pais/nais/titores legais no recibidor de entrada ata o comezo da seguinte sesión para evitar, deste xeito, a alteración do normal desenvolvemento das clases.
- Os pais/nais/titores legais non poderán acceder en ningún caso ás aulas, salvo en horario de titoría (ou previa cita co mestre/a).
- Recórdase que ao finalizar as actividades extraescolares pola tarde, os alumnos deben ser recollidos no patio, nunca nas aulas. Non se pode acceder nin aos corredores nin ás aulas ao finalizar o período lectivo.
- A xustificación de faltas debe ser sempre por escrito (unha vez que se reincorpore o neno), non por vía telefónica. En caso de enfermidades leves (2/3 días) será suficiente cunha xustificación por escrito dos pais.
- Non se cambiará de roupa ao alumnado en ningún período escolar (lectivo e non lectivo). Avisarase ás familias en todos os casos.
- Non se darán medicacións no centro por parte do profesorado ou colaboradores (actuando no exercicio da súa función). En ningún caso se lles mandará medicación na mochila, polo risco que supón para o alumnado. Se teñen que tomar algún tratamento deberán administrarllo os pais/nais/titores legais ou persoa autorizada.
- Cámbiase a orde de saída do alumnado ás 16:15: sairán primeiro os alumnos de transporte. Ata que todas as rutas saian polo portal, non poderán acceder os pais a recoller aos seus fillos/as ao patio. (o cambio afecta tamén ao alumnado de Ed. Infantil, que pola tarde xa non sairá 5 minutos antes. Unicamente sairase 5 minutos antes de comer). Os alumnos transportados que asistan a actividades extraescolares, sairán igualmente na ruta encargándose a persoa responsable (pai/nai/titor legal/monitor...) de recollelos e acompañalos á actividade.