Skip to Content

Actividades de Normalización Lingüística

Día da paz 2012

Dende o equipo de biblioteca quixémonos implicar na celebración dunha data tan importante como é o día da paz. Por ese motivo fixemos unha selección de libros que abordan esa temática para que o noso alumnado poida escoller libremente que título levar a casa para ler.

Aquí podes ver algunhas fotos desa exposición.

 

 

 

2012, ANO DE CELSO EMILIO FERREIRO

 

Neste mes de xaneiro conmemórase o centenario do nacemento do escritor Celso Emilio Ferreiro. Por este motivo a Xunta de Galicia estableceu o ano 2012 como "Ano de Celso Emilio Ferreiro".

O pasado día 4 de xaneiro iniciáronse en Celanova, vila natal do escritor, os actos desta celebración. Edicións de libros, exposicións, concertos e a creación dunha páxina web son algunhas das actividades que levará a cabo o goberno galego en colaboración con outras entidades, para conmemorar esta efeméride.

Podedes consultar toda a programación dende aquí

DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo

eu fáloa porque si, porque me gosta

porque me peta e quero e dame a gana

porque  me sae de dentro, alá do fondo

dunha tristura aceda que me abrangue

ó ver tanto patufos desleigados,

pequenos mequetrefes sen raíces

que ó pór a garabata xa non saben

afirmarse no amor dos devanceiros,

falar a fala nai,

a fala dos abós que temos mortos,

e ser, co rostro erguido,

mariñeiros, labregos da linguaxe,

remo e arado, proa e rella sempre.

 

Eu faloa porque si, porque me gosta

e quero estar cos meus, coa xente miña,

perto dos homes bos que sofren longo

unha historia contada noutra lingua...

                                                      CELSO EMILIO FERREIRO

FALECE ISAAC DÍAZ PARDO

O intelectual e galeguista Isaac Díaz Pardo, faleceu na Coruña o pasado día 5 de xaneiro. Nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920, dedicou a súa vida a preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia.

Espectáculo de Maxia!!!

ESPECTÁCULO DE MAXIA!!!

O luns 19 de Decembro de 2011 veu visitarnos ao noso pabillón un mago que deixou coa boca aberta a tódolos nenos e nenas do cole e a os dos arredores que asistiron.

Aquí vos deixamos unha mostra das imaxes que sacamos.

 

XIII edición do concurso de postais de Nadal

XIII EDICIÓN DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL


Como ven sendo tradición no noso centro, a totalidade do alumnado elaborou unha postal de Nadal. De entre todas as presentadas elexiranse como gañadoras unha de cada ciclo.


De momento podedes ver todas entrando na galería de imaxes. Para iso fai "clic" na seguinte imaxe.


 


Distribuir contido


by Dr. Radut