Skip to Content

Actividades de Normalización Lingüística

Día da paz 2012

Dende o equipo de biblioteca quixémonos implicar na celebración dunha data tan importante como é o día da paz. Por ese motivo fixemos unha selección de libros que abordan esa temática para que o noso alumnado poida escoller libremente que título levar a casa para ler.

Aquí podes ver algunhas fotos desa exposición.

 

 

 

2012, ANO DE CELSO EMILIO FERREIRO

 

Neste mes de xaneiro conmemórase o centenario do nacemento do escritor Celso Emilio Ferreiro. Por este motivo a Xunta de Galicia estableceu o ano 2012 como "Ano de Celso Emilio Ferreiro".

O pasado día 4 de xaneiro iniciáronse en Celanova, vila natal do escritor, os actos desta celebración. Edicións de libros, exposicións, concertos e a creación dunha páxina web son algunhas das actividades que levará a cabo o goberno galego en colaboración con outras entidades, para conmemorar esta efeméride.

Podedes consultar toda a programación dende aquí

DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo

eu fáloa porque si, porque me gosta

porque me peta e quero e dame a gana

porque  me sae de dentro, alá do fondo

dunha tristura aceda que me abrangue

ó ver tanto patufos desleigados,

pequenos mequetrefes sen raíces

que ó pór a garabata xa non saben

afirmarse no amor dos devanceiros,

falar a fala nai,

a fala dos abós que temos mortos,

e ser, co rostro erguido,

mariñeiros, labregos da linguaxe,

remo e arado, proa e rella sempre.

 

Eu faloa porque si, porque me gosta

e quero estar cos meus, coa xente miña,

perto dos homes bos que sofren longo

unha historia contada noutra lingua...

                                                      CELSO EMILIO FERREIRO

FALECE ISAAC DÍAZ PARDO

O intelectual e galeguista Isaac Díaz Pardo, faleceu na Coruña o pasado día 5 de xaneiro. Nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920, dedicou a súa vida a preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia.

Espectáculo de Maxia!!!

ESPECTÁCULO DE MAXIA!!!

O luns 19 de Decembro de 2011 veu visitarnos ao noso pabillón un mago que deixou coa boca aberta a tódolos nenos e nenas do cole e a os dos arredores que asistiron.

Aquí vos deixamos unha mostra das imaxes que sacamos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut