Skip to Content

Actividades de Normalización Lingüística

XIII edición do concurso de postais de Nadal

XIII EDICIÓN DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL


Como ven sendo tradición no noso centro, a totalidade do alumnado elaborou unha postal de Nadal. De entre todas as presentadas elexiranse como gañadoras unha de cada ciclo.


De momento podedes ver todas entrando na galería de imaxes. Para iso fai "clic" na seguinte imaxe.


 


SAMAÍN NA BIBLIOTECA

  

TODA ESTA SEMANA, NA BIBLIOTECA DO CENTRO PODERÁS ATOPAR UNHA SELECCIÓN DE LIBROS RELACIONADOS CO SAMAÍN.

TEN COIDADO AO ENTRAR, NON PERDAS A CABEZA DO SUSTO!!! ANDA CON COIDADO, MIRA DE REOLLO E ESCOLLE O LIBRO QUE MÁIS CHE GUSTE!

 

  

CELEBRACIÓN DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Durante a semana das letras galegas non só recordamos a vida e a obra de Lois Pereiro senón que todos participamos nun festival no que cantamos, bailamos e representamos a obra de teatro da escritora Fina Casalderrey. Queredes vernos? Pois premede na imaxe, iredes á galería e verédesnos actuando.


LETRAS GALEGAS 2011

Como cada mes de maio chega o día no que é obrigado lembrar que temos unha fala propia que debemos valorar e usar. Todos os que temos o galego como lingua materna non precisamos de celebracións para saber a importancia que este feito ten; para nós non hai un, senón moitos días nos que sentimos que a lingua galega é nosa e a ela recorremos nos xogos, nas aulas, na familia, nas festas...


No ano 1963 instituíuse como festa anual das nosas letras o día 17 de maio. Iniciouse nesta data porque nela se celebraba o centenario da publicación do libro de Rosalía de Castro, Cantares Gallegos, libro que supuxo que a nosa lingua acadase prestixio universal.


Neste ano o escritor elexido é Lois Pereiro. Para saber máis sobre este autor podedes visitar a exposición de carteis que  se atopa nos corredores do colexio ou premer na imaxe para velos desde esta páxina.



 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut