Skip to Content

Actividades de Normalización Lingüística

XI CONCURSO DE CONTOS DE CERDIDO

Xa fai once anos que o concello de Cerdido convoca un certame de contos e lendas baixo o nome de "Concurso de contos e lendas de Cerdido". Como todos os anos, os nenos e nenas do colexio convertíronse en escritores y participaron no concurso.


Por este motivo a alcaldesa, Ana Rodríguez Montero, achegouse ao centro o pasado 28 de abril para facer a entrega dos premios. Estivo acompañada por a animadora sociocultural María del Mar Caneiro Pérez.


Os alumnos e alumnos premiados foron os que se citan a continuación:




  • Premio a todo o alumnado de educación infantil por o conto "Aventuras de Boba Esponxa en Cerdido"


  • 1º curso de educación primaria: premio á historia escrita de forma conxunta por todo o alumnado e que leva por título "O mago do castro".


  • 2º curso de educación primaria: premio ao alumno Pablo Vellón Caneiro por "O gato abandoado"


  • 3º curso de primaria: o alumno premiado foi Gabriel Aneiros Yáñez co conto que leva por título "A biblioteca máxica".


  • 4º curso de primaria: Pablo Santalla Brandeiro coa historia "A cova do Castro"


  • 5º curso de primaria: María Bouza Serrano que escribiu o conto titulado "Un ladrón especial"


  • 6º curso de primaria: recibiu o premio Damián Pena Piñón polo conto "O primitivo"

A alcaldesa tamén fixo entrega a todo o alumnado dun libro para amosar o seu agradecemento a todos os nenos e nenas por o entusiasmo con que participaron no concurso. 







 Pódense ver máis imaxes do acto accedendo á galería.

A MAXIA DE CARLOS COIRA CHEGOU Á BIBLIOTECA

Como xa informamos fai uns días, o 28 de abril tivo lugar na nosa biblioteca un espectáculo a cargo do mago Carlos Coira. Esta actividade está subvencionada por a Secretaría Xeral de Política Lingüística e pretende achegar aos nenos e nenas á maxia da nosa lingua. Ao rematar a actuación todo o alumnado foi obsequiado co libro "Abrapalabra".


Se queredes ver parte do espectáculo podedes pinchar na imaxe.


 


 

ABRAPALABRA

O xoves día 28 de abril ás 10 mañá, terá lugar na biblioteca do centro un espectáculo baseado no libro de Antón Cortizas, Jacobo Fernández Serrano e o mago Carlos Coira, que amosará aos rapaces e rapazas toda a maxia que hai na lingua galega.

O QUE SABEMOS SOBRE CASTELAO

Como xa sabedes, con motivo de celebrarse o pasado 30 de xaneiro o aniversario do nacemento de Catelao, levamos a cabo un "mini proxecto" sobre este personaxe galego. Se premedes na imaxe podedes ver todas actividades realizadas e ver os vídeos gravados ao principio e ao final do proceso.


 


Distribuir contido


by Dr. Radut