"El grito" de Munch.
Así, coñecimos unha das obras máis famosas deste artista vinculada totalmente coa celebración do Samaín e o medoooo. Por isto, observamos o cadro, "que vemos?", "Que lle pasa?" "que está a facer?"... Degranamos cada pequeno detalle, dramatizamos as nosas caras máis terroríficas e preguntámonos "porque terá medo esa persoa?" e, o máis importante, "cando temos medo nós?". Finalmente, reproducimos ó noso xeito a obra de Munch, tendo claro cales son as cores coas que representaríamos ó medo.
PREPARAMOS UN MURAL DO SAMAÍN.
O que nos gusta pintar con pinceis e mancharnos todo o que podamos....
E, co efecto terrorífico final, este foi o resultado...
Non me cansarei de dicilo, SODES UNS ARTISTAZOS!!!
OBRAS DO OUTONO.
Como era de esperar, íntimamente vinculado ó noso traballo do Outono, realizamos diversas obras relacionadas con esta preciosa estación. Así, e despois de investigar "cales eran as cores predominantes nesta época do ano", "porque lles caen as follas a algunhas árbores", "como se chaman este tipo de especies"... Aprendimos unha poesía moi típica do Outuno e, despois, a pintaaar!!!!!
ARTE... "URBÁN".
Despois, están aqueles estranos días nos que fai sol e decidimos aproveitar facendo algunha das nosas mellores obras ó aire libre.
Como dato, dicir que gastamos todas as tizas e, antes de volver á clase, xa estábamos preguntando cando poderíamos volver.
KANDINSKY.
Outro dos pintores que traballamos este trimestre foi Vasili Kandinsky, xa que dábanos moito xogo á hora de traballar coas figuras xeométricas.
Así, e despois de analizar propiamente un dos seus cadros, decidimos poñerlle título e comezar a reproducir o mesmo. A única premisa, utilizar todas as cores que puideran.
O NADAL
Así, case sen darnos conta, chegou Decembro e, con el, a nosa preparación para estas datas de luces, reencontros e ledicia.
Que vos parece o resultado final das portadas para os nosos traballos?
A-R-T-I-S-T-A-S