Skip to Content

Educación Infantil

XOGAMOS NOS RECANTOS.

OS DA NOSA AULA.

Como xa sabedes, cada día, temos un tempo adicado a xogar libremente nos diferentes recantos da aula. Así, antes de comezar o traballo en cada espazo, debemos seleccionar un e anotarnos nel. Para isto, debemos localizar o noso nome entre todos os da clase, escoller recanto e ubicar a etiqueta correspondente nun cadro onde figuran os días da semana e os recunchos de xogo. Porén, temos unha serie de premisas:

- Non superar o número de nenos e nenas permitido no devandito recanto (algúns permiten tres e outros soamente dous).

- Non podemos repetir espazo ó longo da semana.

Así, debemos ser capaces de interpretar, con máis ou menos axuda, este rexistro diario, iniciándonos na interpretación de cadros de dobre entrada. Ó mesmo tempo, traballamos o recoñecemento do nome propio, os días da semana, a cantidade numérica, o respecto polas normas establecidas e a toma de decisións. CASE NADA!!!

Velaquí tedes algunhas imaxes do ben que o pasamos despois.

 

Recuncho de ABN. Traballamos a lóxica - matemática a través da manipulación de diferentes materiais.

 

Recanto dos xogos de mesa. O xeoplano, puzzles e os pinchos onde fundamentalmente traballamos a motricidade fina, entre outras moitas cousas como as figuras xeométricas, a igualdade, a correlación entre cores... Igualmente, contan con outros materiais pero xa os iremos mostrando pouco a pouco.

 

Recanto artístico. Nel realizan as súas obras máis orixinais empregando diferentes materiais e recursos artísticos. Velaquí os tedes facendo un bolso e, nada mellor que, en equipo.

CONTINUARÁ...

 

OS DO PATIO

Recanto de xogo libre.

 Xogos de mesa.

Xogo simbólico.

Recanto literario. Lecturas que continuan noutros momentos libremente...

  Non hai nada máis bonito no noso centro que estes momentos compartidosVergoña

Recanto artístico.  

ARTISTEANDO

ASÍ SOMOS NÓS.

 Comezamos creando un fondo libre con témperas ó ritmo de música clásica...COMO SE FOSEMOS AUTÉNTICOS PINTORES!!!

  

Posteriormente, debuxamos a nosa figura humana en papel de xornal e.....ESTE FOI O RESULTADO!!!

                    

 

ESCULTURAS MAGNÉTICAS.

Temos novo xogo no recanto das construccións e estamos a empregalo a tope. Encántanos facer as esculturas máis sorprendentes ó mesmo tempo que comprobamos as propiedades magnéticas dos nosos imáns.

 

   

 

OBRADOIRO DE GRAFISMOS.

Para comezar, necesitábamos debuxar a nosa man no centro do papel. Máis tarde, extenderíamos grandes liñas dende a punta de cada dedo ó fondo do folio para separar os espazos. Finalmente, e a elección dos nenos e nenas, realizaríamos en cada oco unha serie de grafismos. Algo moi sinxelo aparentemente, pero que para nós, é a mostra de que somos unhas máquinas.

    

 

 

PROXECTO BICHOS

Igualmente, co novo ano, comezamos andaina cun novo proxecto de traballo. Así, e tras unha longa e reñida votación, iniciamos investigación sobre "OS BICHOS". Nesta liña, reflexionamos sobre o que sabemos sobre os mesmos e sobre que queremos aprender.

Chegados a este punto, e tendo estes carteis sempre como referencia, creamos pouco a pouco o noso recanto de investigación sobre a temática. Neste sentido, ían chegando contos vinculados, libros científicos destinados a investigación, imaxes, pequenos e grandes murais e mesmo bichos de verdade que nos encargamos de coidar e alimentar periódicamente, aprendendo así sobre os coidados que precisan os mesmos.

MILLÓN DE GRAZAS FAMILIAS!!!!

DE MOMENTO (PORQUE AÍNDA NOS SEGUEN CHEGANDO COUSAS), ASÍ VAI O NOSO RECANTO....

E AGORA XA SÓ PODEMOS PENSAR EN BICHOS...

 

  

AÍNDA QUE ESTAMOS Á ESPERA DE QUE O TEMPO NOS ACOMPAÑE PARA FACER UNHA BÚSQUEDA MÁIS "PROFESIONAL", ADICAMOS O NOSO TEMPO DE LECER A DESCUBRIR BICHOS POR TODAS AS PARTES. FASCÍNANOS ATOPAR ALGÚN!!!

                    

ENCÁNTANOS VER AS IMAXES MÁIS REALISTAS DOS MESMOS, DESCUBRINDO NOVAS ESPECIES, PECULIARIDADES E COUSAS INTERESANTES DE CADA UN DELES. 


De feito, creemos ver bichos e insectos por todas as partes. Sorprendido

Teremos realmente visitas especiais na aula?

 

 

Pouco a pouco, xa descubrimos que son seres vivos, así como as diferenzas fundamentais entre os insectos e os bichos.

O noso seguinte paso é descubrir todo o posible sobre cada un deles, así que xa comezamos polas ABELLAS.

CONTINUARÁ...

 

 

 

 

COMEZAMOS NOVA ANDAINA

Aínda que á volta das vacacións de Nadal xa eramos pequenos expertos da dinámica da aula, dos seus espazos e de todas as persoas que forman parte do noso cole, a profe volvía despois dun longo parón, así que decidimos comezar un pouco de cero. Por isto, pasiño a pasiño, creamos entre todos unha nova vida dentro dunha clase onde a dinámica  e funcionamento da mesma xa estaba máis que interiorizada.

NOVOS ESPAZOS

Neste sentido, recuperamos espazos esquecidos durante todo este tempo...O NOSO RECUNCHO DE RELAXACIÓN!!!

As únicas premisas para utilizalos son: Non xuntarnos máis de dous ou tres nenos e nenas e levar moitas ganas de relaxarnos. A partir de aquí, cada un o emprega como considera oportuno.

 

   

   

E xa temos a cabeza dando voltas buscando familiarizar moito máis este recanto....ESTADE ATENT@S!!!!

 

NOVAS RUTINAS

Igualmente, retomamos as nosas visitas á biblioteca do centro para coller en préstamo libros e películas para a fin de semana. Para isto, elaboramos uns novos marcadores co Trasno Trouleiro e, así, poder deixar os contos que devolvíamos no lugar inicial.  O máis sorprendente de todo isto, foi ver como evolucionamos nas nosas habilidades artísticas ó comparar o noso novo Trasno co do curso pasado. SODES UNHAS MÁQUINAS!!! Sorprendido

 

RENOVAMOS MATERIAIS

Seguindo coa nosa faceta artística, elaboramos novos manteis para a nosa merenda.

                                                    

 

E TAMÉN RENOVAMOS ESPAZOS

Aínda que xa eramos uns expertos na reciclaxe, repasamos e recordamos as regras principais deste proceso e elaboramos uns novos carteis coa profe Antía. GRAZAS POLA AXUDA!!!

 

ENGADIMOS MATERIAIS QUE NOS ENCANTABAN A ALGÚNS RECANTOS DE XOGO.


PERSONALIZAMOS A DECORACIÓN DA AULA

Un espazo onde pasamos moitas horas e que xa é como a nosa segunda casa.

                                                  NON CREEDES QUE LLES QUEDOU PRECIOSA? Vergoña

NORMAS.

Elaboramos unhas novas normas para o ano 2020, consensuadas e aprobadas por toda a aula. Así, algo que pode parecer moi sinxelo, supón un amplo debate sobre o que podemos e non podemos facer. Igualmente, reflexionamos sobre cales son as que máis nos costa realizar, polo que foron resaltadas como obxectivo a conseguir antes de acabar o curso. Finalmente, asinamos todos e todas o documento (incluído todo o equipo docente que pasa pola nosa aula) para fixar a nosa "promesa" de cumprir cada unha delas todos os días. Así, e como non creemos moito no éxito dos castigos, reforzaremos positivamente a todo aquel que cumpra este tratado de boas prácticas.

                            

 

INICIAMOS RUTINAS QUE SON MOI NECESARIAS.

Acostumados ó ritmo desenfrenado da vida adulta, decidimos comezar unha rutina na aula de descanso e relaxación ligada ó "slow life" ou como debemos ser os adultos os que se adapten a vida diaria dos nenos e nenas e non ó revés. Así, cada día, teremos polo menos un ratiño para  desacelerar, deternos y gozar da calma.

 

 

ANIVERSARIOS

XANEIRO

Comezamos ano e, con el, os aniversarios dos nosos pequenos xigantes. Nesta ocasión, tivemos celebración nada máis volver das vacacións de Nadal a cargo de Óliver a Moisés....

 

E un pouco máis adiante, a de Rodrigo e Marcelo.


MARZO

Despois dun mes de parón de cumpreanos, xa nos tardaba outra festa!!!

 

PARABÉNS CHIC@S E MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS A VOSA CELEBRACIÓN!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut